Jean Jadot, nado en Saint-Gilles, Bruxelas, en 1917 e finado en Bruxelas o 13 de xullo de 2010, foi un coleccionista de arte, bibliófilo e numismático belga.

Traxectoria Como erudito autodidacta, o interese de Jean Jadot abrangueu varios aspectos do coñecemento, especializándose sobre todo no século XVIII. Na Revue de numismatique et de sigillographie publicou publicou numerosos artigos sobre numismática, sixilografía, bibliofilia e outros asuntos.Smolderen, L. (2010).

Como coleccionista, en 1935 iniciou unha colección de debuxos antigos de todas as escolas, gravados, libros con ex libris, autógrafos, medallas e outros obexctos. Estre eles había debuxos de artistas tan recoñecidos como Peter Paul Rubens e gravados da época austríaca e da Revolución brabantina en Bélxica. A colección foise dispersando pouco e pouco. En 1996, Jadot ofreceu ao Gabinete de Estampas da Biblioteca Real de Bruxelas doce debuxos de paisaxes, algunhas estampas e unha prancha de cobre de Sauveur Legros.Van Ooteghem, S. (2012). "Donation de dessins de Sauveur Legros". En Fondation Custodia E-News, 9. 2. Páxina 5. Pola súa banda, algunhas pezas do século XVIII acabaron formando parte das coleccións do Banco Nacional de Bélxica."Jadot, Jean". Marquesdecollections.fr Ademais, o 13 de dedembro de 2016 vendeuse unha importante parte do resto da colección de Jadot, na sala de poxas Godts de Bruxelas.Farcy, P. (2016). "Souvenirs de Jean Jadot". Lalibre.be. 9 de decembro."Des objets historiques d'un des plus grands collectionneurs du pays vendus aux enchères". En Lesoir.be. 9 de decembro de 2016.

Jean Jadot foi elixido membro correspondente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica en 1946; logo foi tesoureiro da entidade de 1948 a 1967, vicepresidente en 1967 e presidente de 1970 a 1976. A partir de entón recibiu o nomeamento de presidente honorario. Entre 1970 e 1982 tamén foi un dos directores da publicación periódica desa sociedade, a Revue de numismatique et de sigillographie.

Ademais, pertenceu a outras sociedades eruditas e de carácter científico. Foi asesor, tesoureiro xeral e logo presidente da Real Academia de Arqueoloxía de Bélxica (1979-1980) e tamén secretario da Sociedade Real de Amigos da Medalla de Arte (1949-1959).

Jean Jadot finou en Bruxelas o 13 de xullo de 2010, pouco antes de facer 93 anos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Smolderen, L. (2010). "Nécrologie-Overlijdens. Jean Jadot (1917-2010)". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 154. Páxina 307.

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Bibliófilos Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes