Alecto (en latín Allectus), finado en 296, foi un emperador romano proclamado en Gran Bretaña en 293.
Traxectoria Era o prefecto, tesoureiro e lugartenente de Carausio, que se proclamou emperador en 286, a quen matou en 293 e asumiu a púrpura imperial durante tres anos. A Gallia Bononia non o recoñeceu e someteuse a Constancio Cloro. No ano 296, Constancio Cloro enviou ao xeneral Xulio Asclepiodoto cun exército e unha frota e derrotou a Alecto e someteu a Gran Bretaña, segundo Sexto Aurelio Víctor.
A vila de Branding na illa de Wight probabelmente pertenceu a AlectoCristina Masanés, La mansió de Wight. Sàpiens n.72 (octubre 2008)e é a máis grande de Inglaterra e foi escavada en 1880 .
Deixou unhas moedas coa inscrición IMP. C. ALLECTUS PF AUG. Geoffrey de Monmouth inclúe a Alecto na súa historia semi-lendaria, e afirma que matou a moitos partidarios de Carausio para permanecer independente de Roma.
Notas
Categoría:Mortos en combate Categoría:nados no século III Categoría:finados en 296 Categoría:emperadores romanos