miniatura|Detalle da flor. miniatura|Ilustración de Flora Batava. O satirión apincarado, Dactylorhiza maculata,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións (L.) Soó 1962, é unha especie de orquídea, do xénero Dactylorhiza, da subfamilia Orchidoideae da familia das Orchidaceae estreitamente relacionadas co xénero Orchis. Distribúese por toda Europa, chegando ao noroeste de África e ata Siberia. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Hábitat Estas orquídeas atópanse distribuídas ao longo da zona subártica e a parte tépeda do hemisferio norte: desde Europa, até Siberia e polo noroeste de África. Desenvólvese con preferencia en zonas pantanosas
Descrición Estas orquídeas terrestres desenvólvense en chans acedos e terreos enchoupados. Teñen tubérculos xeófitos. Nestes grosos talos subterráneos poden almacenar gran cantidade de auga, que lles permitan sobrevivir en condicións de seca.
Posúen de 5 a 12 grandes follas de oblongo-ovoides a elíptico-lanceoladas, xaspeadas de cor púrpura. Desenvolven un talo longo que alcanza unha altura de 70-90 cm. As follas da parte superior son máis pequenas que as follas máis baixas do talo.
Florecen na primavera tardía ou a principios de verán. A inflorescencia, cilíndrica, comparada coa lonxitude da planta é máis ben curta. Sendo un acio compacto cunhas 25-50 flores. Estas desenvólvense a partir duns gromos axilares. As cores predominantes son rosadas, xaspeados con manchas máis escuras formando un debuxo con liñas e manchas na parte central superior do labelo. miniatura|Flores.
Taxonomía Dactylorhiza maculata foi descrita por (L.) Soó e publicada en Nom. Nova Gen. Dactylorhiza 7.7 1962.
Etimoloxía
Dactylorhiza: nome xenérico que procede das palabras gregas: "daktylos" (dedo) e "rhiza" (raíz). Isto é pola forma dos dous tubérculos subterráneos que caracteriza ás especies do xénero.
maculata: epíteto latino que significa "manchada, con mácula"En Epítetos Botánicos
Subespecies de Dactylorhiza maculata aceptadas
miniatura Hai moitas especies que se fertilizan de forma cruzada, dando lugar a unha enorme cantidade de variacións que complican a súa clasificación. Especie tipo: Orchis umbrosa Karelin & Kir. 1842 = Dactylorhiza umbrosa (Kar. & Kir.) Nevski 1937.
Dactylorhiza maculata (L.) Soó: NO. África, Europa a Siberia. Dactylorhiza maculata subsp. battandieri (N. Alxeria). Dactylorhiza maculata subsp. caramulensis (W. Europa). Dactylorhiza maculata subsp. elodes (Europa). Dactylorhiza maculata subsp. ericetorum : (W. Europa). Dactylorhiza maculata subsp. islandica (Islandia). Dactylorhiza maculata subsp. podesta (Holanda). Dactylorhiza maculata subsp. savogiensis (D.Tyteca & Gathoye) Kreutz Dactylorhiza maculata subsp. schurii (Cárpatos). Dactylorhiza maculata subsp. transsilvanica (SC. & SE. Europa).
Sinonimia
Orchis maculata L. 1753 (Basónimo) Dactylorchis maculata (L.) Verm. 1947 Dactylorchis elodes (Griseb.) Verm. 1947 Dactylorchis maculata subsp. elodes (Griseb.) Verm. Dactylorhiza elodes (Griseb.) Englmaier 1984 Dactylorhiza islandica (Á. Löve & D. Löve) Aver. 1984 Dactylorhiza kolaensis (Montell) Aver. 1984 Dactylorhiza kotschyi (Rchb. f.) P.F. Hunt & Summerh 1965 Dactylorhiza okellyi (Druce) Aver. 1984 Dactylorhiza transsilvanica (Schur) Aver. 1982 Orchis elodes Griseb. 1845 Orchis kotschyi (Rchb. f.) Schltr. 1923 Orchis okellyi (Druce) Druce 1915 Orchis transsilvanica Schur 1853 Orchis angustifolia var. schurii Klinge Orchis basilica L. ex Klinge Orchis biermannii Ortm. Orchis calvellii A.Terracc. Orchis comosa F.W.Schmidt Orchis ericetorum (E.F. Linton) E.S. Marshall Orchis macedonica Griseb. Orchis nemorosa Montandon Orchis obtusifolia Schur Orchis solida Moench Orchis tetragona Heuff.
Híbridos Nota: nothosubspecies = unha subespecie híbrida; nothovarietas = subvariedade.
Dactylorhiza × altobracensis (D. maculata × D. sambucina) (Francia, Austria). Dactylorhiza × carnea (D. incarnata × D. maculata subsp. ericetorum) (W. Europa). Dactylorhiza × carnea nothosubsp. ampolai (D. incarnata subsp. cruenta × D. maculata) (Europa). Tubérculo xeófito. Dactylorhiza × carnea nothosubsp. maculatiformis. (D. incarnata × D. maculata) (W. Europa). Tubérculo xeófito Dactylorhiza × conigerum (D. maculata × D. viridis) (W. Europa). Dactylorhiza × csatoi (D. cordigera × D. maculata) (SE. Europa). Dactylorhiza × delamainii (D. elata subsp. sesquipedalis × D. maculata) (SW. Europa). Dactylorhiza × dinglensis (D. maculata subsp. ericetorum × D. majalis subsp. occidentalis) (W. Europa). Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. robertsii (D. maculata subsp. ericetorum × D. majalis subsp. cambrensi) (Gran Bretaña). Tubérculo xeófito Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. senayi (D. maculata subsp. elodes × D. majalis) (Europa).Tubérculo xeófito Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. townsendiana (D. maculata subsp. ericetorum × D. majalis) (Europa). Tubérculo xeófito Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. vermeuleniana (D. maculata × D. majalis) (W. Europa). Tubérculo xeófito Dactylorhiza × gabretana (D. incarnata × D. maculata × D. sambucina) (Europa). Dactylorhiza × genevensis (D. incarnata × D. latifolia × D. maculata) (Europa). Dactylorhiza × jenensis (D. maculata subsp. ericetorum × D. traunsteineri) (W. & NC. Europa) Dactylorhiza × komiensis (D. hebridensis × D. maculata) (E. Europa). Dactylorhiza × ornonensis (D. elata subsp. sesquipedalis × D. incarnata × D. maculata) (W. Europa). Dactylorhiza × prochazkana (D. bohemica × D. maculata) (EC. Europa). Dactylorhiza × transiens (D. fuchsii × D. maculata subsp. ericetorum) (Europa) Dactylorhiza × transiens nothosubsp. corylensis (D. fuchsii subsp. hebridensis × D. maculata) Dactylorhiza × wiefelspuetziana (D. maculata × D. sphagnicola) (W. Europa).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993. White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996. Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por the Timber Press. Bechtel, Cribb and Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por The MIT Press.
Categoría:Plantas descritas en 1962 Categoría:Flora de Europa Categoría:Orquídeas de Galicia