Talos (ou Talo) é unha criatura da mitoloxía grega, un autómata feito todo el de bronce Aínda que outros din que era un touro. creado por Dédalo, arquitecto e inventor que traballaba para Minos, o rei de Creta, ou por Hefesto, que o regalara a Minos Pseudo-Apolodoro I, 9.26.. Tamén se di que fora obra de Zeus, creada para protexer a illa da súa amada Europa. Por último, unha tradición di que era o último representante na terra da raza de bronce Pseudo-Apolodoro I, 9.26..

Atribúeselle un fillo: Leuco, de quen se conta que mantivo relacións adúlteras con Meda, a esposa de Idomeneo Idomeneo, neto de Minos. mentres este loitaba na Guerra de Troia; este Leuco foi abandonado polo seu pai e acollido por Idomeneo, a quen confiou a súa casa mentres el estaba ausente na guerra. Pero Leuco non só seduciu ás esposa do seu protector, senón que logo a matou, xunto á súa filla Clisitera. Por todo isto, cando regresou felizmente Idomeneo, cegou a Leuco, se ben outras versións din que este foi quen desterrou a aquel Grimal s.v. Idomeneo..

miniatura|300px|Talos axexando ós Argonautas (Asmus Jacques Carstens, 1799) En calquera caso, a súa función era vixiar continuamente as costas de Creta, para o cal daba voltas incansablemente ó redor da illa, ata tres voltas diarias, impedindo así a entrada de estranxeiros e a saída dos seus habitantes se non contaban coa autorización de Minos Por tal razón, dise, Dédalo tivo que fuxir voando..

Talos estaba armado, preferentemente con grandes pedras que era quen de lanzar a gran distancia, afundindo así os barcos que se achegaban á illa. Se aínda así, algún forasteiro conseguía chegar a terra, Talos capturábao e, tras quentar o seu corpo metálico ó lume vivo, abrazábao ata matalo abrasado.

Por tratarse dun ser metálico, Talos era invulnerable, aínda que tiña o seu punto débil: na parte inferior das pernas tiña unha vea pechada cunha caravilla de bronce Lémbrese a similitude co punto débil que tiña o heroe Aquiles..

E grazas a isto puido ser vencido polos Argonautas no seu periplo de regreso da Cólquida. Talos intentou rexeitalos coas súas pedras cando os viu aproximándose, pero Medea, a compañeira de Xasón, convenceuno de que se faría inmortal se bebía dun bebedizo que tiña ela. A bebida contiña un somnífero e cando Talos caeu durmido, sacoulle o cravo que pechaba a vea, de modo que Talos se desangrou.

Pero tamén se di que foi un dos Argonautas, Peante, pai de Filoctetes, quen lle atravesou a vea coas súas frechas Graves, px. 660. Pseudo-Apolodoro I, 9.26. ou que, enfeitizado polos ollos de Medea, tropezou, caeu e feriuse no calcañar, desangrándose Graves, px. 660..

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Proxecto Perseus (consultado o 2.11.2023)

Bibliografía Elvira Barba, Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de Iconografía clásica. Sílex Ediciones, Madrid 1ª ed. 2008, 3ª ed. 2017. Graves, Robert: Los mitos griegos. Ed. Gredos, 2019, especialmente pp. 341-349. Grimal, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1ª ed. 1981, 7ª impresión 2017. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica. Alianza editorial 3ª ed. 2016.

Categoría:Criaturas da mitoloxía grega