Cré na Cille é unha novela en irlandés escrita por Máirtín Ó Cadhain, publicada en 1949. Está considerada unha das mellores novelas escritas en irlandés.

Título Cré na Cille significa literalmente "Terra da Igrexa"; tamén foi traducida (en inglés) como A arxila do cemiterio, O solo do cemiterio, A terra do cemiterio, Igrexa e arxila e O po sucio.

Temática A novela está escrita case enteiramente como conversa entre os mortos dun cemiterio de Connemara. A súa leria está chea de chismes, mordacidades, coqueteos, liortas e malmeter.

Recepción A novela considérase unha obra mestra da literatura irlandesa do século XX e provocou comparacións co traballo de Flann O'Brien, Samuel Beckett e James Joyce. Na súa forma seriada, Cré na Cille líase en voz alta e por iso gañou un posto como un clásico entre os falantes irlandeses. Cian Ó hÉigeartaigh, coautor de Sáirséal agus Dill (1947-1981), afirma que revigorizou o rexurdimento da escritura en lingua irlandesa no século XX.

Historia de publicación Cré na Cille foi editada como unha publicación seriada polo xornal The Irish Press e entón compilado por Sáirséal agus Dill en 1949. Foi traducido ó noruegués por Jan Erik Rekdal e publicado en 1995 por Gyldendal Norsk Forlag como Kirkegårdsjord - gjenfortellinger i ti mellomspill, e traducida ó dinamarqués por Ole Munch-Pedersen e publicado en 2000 por Husets Forlag como Kirkegårdsjord - genfortælling i ti mellemspil.

Publicáronse dúas versións inglesas da novela en 2016 por parte de Yale University Press e Cló Iar-Chonnacht. A primeira tradución, O po sucio, foi traducida por Alan Titley, e a segunda, Graveyard Clay, por Liam Mac Com Iomaire e o cartógrafo británico Tim Robinson. Joan Keefe completara anteriormente unha tradución en 1984 como parte da súa tese, pero nunca se publicou.

A carencia dunha tradución inglesa durante un período tan longo de case sesenta anos dende a primeira publicación do libro converteuse en parte da súa fama e foi un asunto de especulación. Os tres intentos temperáns de tradución por parte de Sáirséal agus Dill estiveron cheos de problemas: o primeiro cando a moza seleccionada como tradutora marchou a un convento; o segundo pola negativa do poeta irlandés Thomas Kinsella e o terceiro polo esforzo inútil por parte dun compañeiro de prisión de Ó Cadhain.

Adaptacións

Radio Unha versión dramatizada da novela foi emitida na radio RTÉ Raidió na Gaeltachta en 1973, e revisada e reemitida en 2006 como parte das celebracións do centenario de Ó Cadhain por parte de RTÉ.

Obra de teatro A novela foi adaptada para a escena por Macdara Ó Fátharta e exhibiuse en 1996 e 2006. O papel de Caitríona Pháidín foi representado por Bríd Ní Neachtain. A acción foi dramatizada “nun espazo cavernoso, cos personaxes que aparecen desde os recunchos para interactuar con Caitríona, antes de que se agochen amodo volvendo á escuridade, lembrándonos que estas persoas gradualmente están a fundirse co arxila da tumba”. Bríd Ní Neachtain foi nomeada para un Premio de Teatro do Irish Times polo seu papel na obra.

Filme En 2007 saíu unha adaptación cinematográfica, dirixida por Robert Quinn. Como a obra de teatro, foi escrita por Macdara Ó Fatharta e protagonizada Bríd Ní Neachtain.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete

Categoría:Literatura en lingua irlandesa Categoría:Obras literarias de 1949 Categoría:Novelas