Jorge García Marín, nado en 1966, é un sociólogo galego.

Traxectoria

É profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e experto en novas masculinidades. Ten unha ampla traxectoria investigadora en temáticas de xénero, sendo as súas liñas prioritarias, dentro dos estudos de xénero, os videoxogos, as identidades virtuais, os relatos fílmicos e as problemáticas asociadas ás masculinidades. Pertence ao CIFEX e é o responsábel académico do único mestrado de xénero que existe actualmente no sistema universitario galego (Máster en Igualdade, Xénero e Educación da USC).

Pertence ao CIFEX.

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Sociólogos de Galicia