Félix Grande Lara, nado en Mérida, Badaxoz, o 4 de febreiro de 1937 e finado en Madrid o 30 de xaneiro de 2014, foi un poeta, flamencólogo e crítico español encadrado na Xeración do 50.

Traxectoria Fillo de republicanos —a súa nai traballou nun hospital durante a guerra civil mentres o seu pai combatía na fronte—, naceu en Mérida, Badaxoz, pero viviu a súa infancia e mocidade —desde os dous até os 20 anos— en Tomelloso (Cidade Real), onde o seu avó era cabreiro.Félix Grande, revista Poesía en el Campus, Nº43, marzo de 1999; acceso 21.01.2012 Era guitarrista flamenco cando, segundo contou el mesmo, decidiu cambiar ese instrumento pola literatura, que na súa pluma posúe moita relación coa música. En Tomelloso foi xornaleiro e descubriu o amor.

En 1957 múdase a Madrid, onde "segue empregado en mesteres afastados do exercicio profesional da literatura ata que en 1961 comezou a traballar como redactor en Cuadernos Hispanoamericanos, revista da que chegará a ser director (1983-1996; á caída do Goberno socialista foi destituído e reclamou para ser restituído ao seu cargo, o que conseguiu). Dirixiu así mesmo a revista de arte Galería (1989) e a colección El Puente Literario da editorial Edhasa (1969-1971).Félix Grande, revista Poesía en el Campus, Nº43, marzo de 1999; acceso 21.01.2012

Comezou a súa carreira literaria coa poesía e obtivo o seu primeiro premio, o Adonáis en 1963, por Las piedras, "libro de talante existencial no que explora o tema da soidade". Dous anos despois, en 1965, gañaría o seu primeiro galardón de narrativa, o Premio Eugenio d'Ors pola súa novela corta Las calles.

Destaca tamén a súa obra Persecución, cantada por Juan Pena “El Lebrijano” no seu álbum homónimo. A súa obra evolucionou desde a inspiración machadiana e o compromiso social do poemario Las piedras até unha reflexión sobre a linguaxe e o erotismo.

En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española. Concedéuselle o premio Nacional de Poesía en 1978 por Las rubáiyatas de Horacio Martín, en que prolonga a tradición do heterónimo, a partir do Abel Martín de Machado e o Ricardo Reis horaciano de Fernando Pessoa.  

Como narrador, destacan as súas obras Por ejemplo, doscientos (1968), Parábolas (1975), Lugar siniestro este mundo, caballeros (1980), Fábula (1991), Decepción (1994), El marido de Alicia (1995), Sobre el amor y la separación (1996) y La balada del abuelo palancas (2003).

Afeccionado á música, letrista e guitarrista el mesmo, como flamencólogo escribiu García Lorca y el flamenco (1992), Agenda flamenca (1987), Memoria del flamenco (1995), que obtivo o premio nacional de Flamencoloxía, e Paco de Lucía y Camarón de la Isla (2000). Foi membro de número da Cátedra de Flamencoloxía e estudos folclóricos.

Félix Grande sinalaba que os poetas que o marcaron foron Antonio Machado, Luís Rosales —de quen foi discípulo e amigo e do que prologara e seleccionara os poemas da antoloxía Porque la muerte no interrumpe nada—, e César Vallejo, entre outros.

Despois de Las rubáiyatas de Horacio Martín non volvera escribir poesía, pero ese silencio de máis de 30 anos terminou en 2010, cando incorporou o seu novo poema La cabellera de la Shoá na antoloxía Biografía e a fins do ano seguinte saíu Libro de familia.

Estaba casado coa poeta Francisca Aguirre (coma el, tamén Premio Nacional de Poesía) coa que tivo unha filla, a tamén poeta, Guadalupe Grande.

Faleceu o 30 de xaneiro de 2014 en Madrid dun cancro de páncreas. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Tomelloso.

Obras

Poesía

Las piedras (1964). Rialp, Madrid. (Premio Adonais 1963) Música amenazada (1966). El Bardo, Barcelona. (Premio Guipúzcoa 1965) Blanco spirituals (1967). La Habana, Casa de las Américas. (Premio Casa de las Américas 1967) Puedo escribir los versos más tristes esta noche (1971). Seix Barral, Barcelona. Biografía (1964-1971) (1971). Seix Barral, Barcelona. (2ª edic. ampliada, 1977) Taranto. Homenaje a César Vallejo (1971).Barcelona-Lima, Carlos Milla. Años (1975). Editora Nacional, Madrid. Antoloxía con prólogo de Rafael Conte. En secreto (1978). Sombra de Albatroz, Madrid. Las rubáiyatas de Horacio Martín (1978). B., Lumen. (Premio Nacional de Poesía) Biografía. Poesía completa (1958-1984 ( 1986). 2ª ed. aum., Anthropos, Barcelona, 1989; incorpora o poemario La noria. Carta abierta, antología (1987). Biblioteca de Autores y Temas Manchegos, Ciudad Real. Seis poemas (1991). Carpeta e gravados de Miguel Ángel Lombardía; Multigráfica Taller, Madrid-Gijón. Cuaderno (1993). Antoloxía con debuxo de Eugenio Chicano, Colección Tediría, Málaga. Con buenas formas (1997). Antoloxía, Málaga Digital, Málaga. Conversación (1997). Antoloxía, UGT, Imprenta Sur, Málaga. La canción de la tierra (1998). Antoloxía, Orbis-Fabri, Barcelona. Blanco spirituals / Las rubáiyatas de Horacio Martín (1998). Edición de Manuel Rico; Cátedra, Madrid. Una grieta por donde entra la nieve (2006). Antoloxía, Renacimiento, Sevilla. Biografía. (1958-2010) (2010). Galaxia Gutenberg. Antoloxía con prólogo de Ángel Luis Prieto de Paula; incorpora un novo poema: La cabellera de la Shoá Libro de familia (2011). Visor, Madrid.

Narrativa

Las calles, novela corta pola que obtivo el Premio Eugenio d'Ors 1965 Por ejemplo, doscientos (1968). Ciencia Nueva, Madrid. Parábolas (1975). Júcar, Madrid. Lugar siniestro este mundo, caballeros (1980). Legasa, Madrid; Anthropos, Barcelona, 1985. Fábula (1991). Plaza y Janés, Barcelona. Decepción (1994). El País Aguilar, Madrid. El marido de Alicia (1995). Ayuntamiento Villanueva de la Serena. Sobre el amor y la separación (1996). Valdemar, Madrid. La balada del abuelo Palancas (2003). Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores.

Ensaio

Occidente, ficciones, yo (1968). Cuadernos para el Diálogo, Madrid. Apuntes para una poesía española de posguerra (1970). Taurus, Madrid. Mi música es para esta gente (1975). Seminarios y Ediciones, Madrid. Memoria del flamenco (1976). Espasa Calpe, Madrid. (edición actualizada: Círculo de Lectores, Galaxia Gutenberg, 1996) Elogio de la libertad (1984). Espasa Calpe, Madrid. La vida breve (1985). Godoy, Murcia. Agenda flamenca (1985). Ediciones Andaluzas Reunidas, Sevilla. Once artistas y un dios. Ensayos sobre literatura hispanoamericana (1986). Taurus, Madrid. La calumnia. De cómo a Luis Rosales, por defender a Federico García Lorca, lo persiguieron hasta la muerte (1987). Mondadori. García Lorca y el flamenco (1992). Mondadori, Barcelona. Paco de Lucía y Camarón de la Isla (1998). Lunwerg; edición de luxo para coleccionistas, ilustrada polo pintor granadino David González, Zaafra

Premios e distincións

Premio Alcaraván 1962 Premio Adonáis de Poesía 1964 por Las piedras Premio Guipúscoa 1965 por Música amenazada Premio Eugenio d'Ors 1965 pola novela curta Las calles Premio Gabriel Mirou 1966 Premio Casa das Américas 1968 por Blanco Spirituals Premio Nacional de Poesía 1978 por Las rubáiyatas de Horacio Martín Premio Hidalgo Premio Nacional de Flamencoloxía 1980 Premio Barcarola 1989 Premio Felipe Trigo de Narración Curta 1994 por El marido de Alicia Premio Manuel Alcántara 1996 Mellor Escritor de Temas Flamencos, revista El Olivo, 1998 Premio Estremadura á Creación 2004 Premio Nacional das Letras Españolas 2004 Premio Quixote á Creación Literaria 2007 Premio Comunicación 2008 da Cadea SER de Cidade Real Fillo Adoptivo de Santiago de Chuco, polos seus traballos de estudo e difusión da poesía de César Vallejo (1988) Membro correspondente da Academia Norteamericana da Lingua Española (1997) Fillo Adoptivo da Cidade de San Roque (Cádiz; 2001) Medalla de ouro de Castela-A Mancha (2005) Membro correspondente da Real Academia Hispano Americana (Cádiz; 2005) Membro de número da Real Academia de Estremadura das Artes e as Letras (2009) Fillo Predilecto de Mérida (2010)

Notas

Categoría:Nados en Mérida Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de Estremadura Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Premio Nacional de Poesía de España