Manuel Rojas, nado en Buenos Aires o 8 de xaneiro de 1896 e finado en Santiago de Chile o 11 de marzo de 1973, foi un escritor e intelectual chileno de grande recoñecemento, coñecido pola súa obra como novelista, xornalista, poeta e ensaísta.
Traxectoria Nado na Arxentina, Rojas trasladouse a Chile, país que marcou profundamente a súa traxectoria literaria e persoal.
A súa obra máis destacada, Hijo de ladrón, publicada en 1951, é considerada unha das novelas chilenas máis relevantes do século XX. Nela, Rojas narra a vida de Aniceto Hevia, un personaxe que reflicte en moitos aspectos as experiencias vividas polo autor (cousa que repite en Mejor que el vino), nun estilo que combina o realismo e o existencialismo.
Rojas destacou pola súa capacidade de capturar a complexidade da condición humana, abordando temas como a identidade, a exclusión social e a loita da clase obreira.
No ámbito xornalístico e educativo, Rojas xogou un papel fundamental na difusión cultural en Chile, influenciando a xeracións de escritores tanto chilenos como de América Latina.
Premios e homenaxes
Foi recoñecido co Premio Nacional de Literatura de Chile en 1957.
En 2012 instaurouse un premio iberoamericano de narrativa co seu nome, de xeito análogo ao Premio de Poesía Pablo Neruda, homenaxeando ao poeta chileno Pablo Neruda. Novelas
Lanchas en la bahía (1932). La ciudad de los Césares (1936). Hijo de ladrón (1951). Mejor que el vino (1958). Punta de rieles (1960). Sombras contra el muro (1964). La oscura vida radiante (1971).
Véxase tamén
Premio Iberoamericano de Narrativa Manuel Rojas
Categoría:Finados en 1973 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Novelistas de Chile Categoría:Xornalistas de Chile Categoría:Nados en 1896