miniatura|O Bo Pastor miniatura|Representación do século IV, Roma. O Bo Pastor é unha advocación aplicada no Antigo Testamento a Deus (Iavé) como alegoría e no Novo Testamento a Xesucristo como parábola. A exéxese interpreta que a función de Deus ou Xesucristo como Bo Pastor é a salvación da «ovella descarriada» (o home como pecador).

Nas escrituras O tema aparece no Antigo Testamento, referido sempre a Iavé. No Salmo 23 ("O Señor é o meu pastor"), no Libro de Ezequiel e no Libro de Isaías.

Segundo os autores dos evanxeos, Xesucristo aprópiase da alegoría bíblica para aplicala a si mesmo como Fillo de Deus:

Iconografía miniatura|O Bo Pastor, de Murillo Desde o comezo do cristianismo, o Bo Pastor é a imaxe de Xesús de Nazaret que, na súa calidade de pastor, coida e salva o seu rabaño.

Desde os tempos do cristianismo primitivo asociouse a imaxe do pastor que sae na busca da ovella perdida coa de Cristo como Bo Pastor. A profusión de representacións escultóricas e pictóricas do tema do pastor e a ovella na arte paleocristiá é notable: identificáronse até 892 representacións. Poden identificarse imaxes datadas do século II; na súa maioría pertencen aos séculos III e IV. Unha destas imaxes é a do anel recentemente descuberto en Israel o 23 de decembro de 2021, a peza data do III.

A representación do Bo Pastor comezou a minguar na súa frecuencia cara a fins do século IV e practicamente desapareceu no século V.https://www.continental.com.ar/sociedad/encuentran-en-israel-un-anillo-de-la-epoca-romana-con-la-imagen-de-jesus_a61c45a340b11b61ebe4c9b88 Desaparece completamente na Idade Media, ata que se recupera entre o século XV e o XVI, para volver quedar relegada no século XIX. No século XVII e XVIII reaparece ás veces coa versión da Divina Pastora.

A inspiración das primeiras representacións tómase da imaxe de Orfeo —ao que se lle atribuía o don de encantar aos animais mentres tocaba a lira—, e da representación das obras romanas nas que o cordeiro entre os brazos era un símbolo de filantropía. No primeiro tema o Bo Pastor garda o seu rabaño, de pé ou sentado. A outra representación co cordeiro extraviado nos brazos ou sobre os ombreiros está moito máis estendida e procede directamente dos modelos pagáns do moscóforo ou o Hermes (Crióforo) que leva a ovella do sacrificio.

A variedade de representacións é numerosa. As características comúns das obras adoitan presentar a un neno que porta un báculo, basatón ou frauta, con túnica, e que ten no seu colo ou leva sobre os ombreiros un cordeiro. Tamén se representou con Xesucristo adulto.

En pintura atopábase xa na catacumbas de San Calisto ou de Domitila. Unha das representacións do Bo Pastor máis coñecidas é a de Bartolomé Esteban Murillo. Na escultura foi tamén unha imaxe común, que empezou sendo esculpida nos flancos dos sarcófagos e recorrente na música relixiosa, como a peza para órgano, O tríptico do bo pastor, de Jesús Guridi.

Notas

Bibliografía

Eliade, Mircea: Historia das crenzas e ideas relixiosas. Barcelona, 2005. ISBN 84-473-3841-X Burckhardt, Jacob: Historia da cultura grega. Barcelona, 2005. ISBN 8457338371 VV. AA.: Historia da arte cristián. Biblioteca de autores cristiáns. ISBN 84-7914-427-0

Categoría:Xesús de Nazaret Categoría:Novo Testamento Categoría:Alegorías Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia