miniatura|360x360px|Estoxo de presentación do dobre soberano de 1991 en versión proof, xunto co seu certificado de autenticidade.

O dobre soberano é unha moeda de ouro do Reino Unido cun valor nominal de dúas libras esterlinas. A súa emisión foi moi descontinua desde a súa creación en 1820 e nunca chegou a ter unha presenza significativa na circulación. A partir de 1980 comezou a cuñarse a maioría dos anos, xa como moeda de investimento.

A súa tipoloxía máis característica é a do busto do monarca reinante no anverso —ollando alternativamente cara á esquerda ou cara á dereita—, e a clásica representación de San Xurxo e o Dragón no reverso, creada por Benedetto Pistrucci.

O dobre soberano cuñouse por primeira vez en 1820, a nome de Xurxo III, máis esta emisión nunca entrou en circulación, senón que se considerou unha cuñaxe en proba, con só uns poucos exemplares hoxe coñecidos. No século e medio seguinte, a maioría das veces o dobre soberano emitíase unicamente para sinalar o comezo dun novo reinado ou o inicio dunha nova serie monetaria, amosando o retrato do monarca reinante. Na maioría dos casos tratábase de moedas emitidas en condición proof, cun acabamento especial e non destinadas á circulación. Realmente só se cuñou cunha tiraxe suficiente para a súa posta en circulación durante catro anos.

A partir de 1980, a Royal Mint comezou a vender o dobre soberano como moeda de colección e de investimento. Desde entón cúñase practicamente todos os anos e, en ocasións, con motivos alusivos a conmemoracións diversas.

+Caracterización do dobre soberanoPaísValorPesoDiámetroAliaxeCecaEmisiónsReino Unido2soberanos15,976g28,40mmAu917 ‰Royal MintLondres **1820, 1823*-1826, 1831, 1887*, 1893*, 1902*, 1911, 1937. 1953, 1980, 1982-1983, 1985, 1987-1993, 1996, 1998, 2000, desde 2002* Nas datas sinaladas con asterisco a emisión foi para a circulación** En 1887 cuñáronse tamén algúns exemplares na Casa da Moeda de Sydney

Orixe: a familia do soberano Véxase tamén: Soberano (moeda) miniatura|230x230px|A primeira moeda dun soberano, cuñada en 1817 a nome de Xurxo III. Logo das guerras napoleónicas, o Parlamento dio Reino Unido, mediante a Lei da Moeda de 1816, instaurou oficialmente o padrón ouro en Gran Bretaña, definindo a libra esterlina como unha determinada cantidade de ouro. Case todos os oradores que interviñeron nos debates parlamentarios apoiaron a idea dunha moeda con valor de vinte xilins, en lugar de seguir utilizando a anterior guinea de ouro, valorada en vinte e un xilins.Clancy, K. (2017) . Páxinas 52-55. No entanto, a Lei da Moeda non especificaba que tipoloxía de moedas debía cuñar a Real Casa da Moeda de Londres.Seaby, P. (1985). Páxinas 116-117.

Un comité do Consello Privado recomendou a emisión de moedas de ouro con valores de dez xilins, vinte xilins, dúas libras e cinco libras, o que foi aceptado polo daquela príncipe rexente Xurxo, o 3 de agosto de 1816.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 7. A peza de vinte xilins —equivalente a unha libra— pasou a coñecerse como "soberano", retomando así o antigo nome dunha antiga moeda inglesa de ouro.Clancy, K. (2017) . Páxina 57. Tanto o soberano como o medio soberano emitíronse por primeira vez en 1817, mais inicialmente non se cuñaron as dúas moedas de maior valor.Spink & Son (2022-a-). Páxina 466. Desde 1754, non se emitiran moedas de valor superior a unha guinea destinadas á circulación xeral, xa que a necesidade de pezas de maior valor estaba cuberta con papel moeda.Bull, M. (2023). Páxina 3.

Para estas primeiras emisións da serie do soberano, o artista Benedetto Pistrucci suxeriu como motivo acaído o deseño de San Xurxo e o Dragón, que el mesmo creara, sobre a base dun camafeo.Clancy, K. (2017) . Páxina 58. Joseph Banks, pola súa banda, recomendoulle a William Wellesley-Pole —daquela Master of the Mint na ceca londiniense— que se aceptase e se adaptase o deseño proposto por Pistrucci para o seu uso na cuñaxe.

Primeiras emisións

Xurxo III (1760-1820) Xurxo III (1760-1820) "2 Pounds - George III Pattern". Numista.com140x140px140x140pxA/: Retrato laureado de Xurxo III cara á dereita. Data. Lenda: GEORGIUS III D: G: BRITANNIARUM REX F: D:R/: San Xurxo a cabalo matando o dragón, cara á dereita. Marca de gravador (B.P.) no exergo. Lenda: (anepigráfica) Data: 1820 Gravador: Benedetto Pistrucci. Canto: DECUS ET TUTAMEN ANNO REGNI LX.

En decembro de 1819, probablemente por mor da deterioración da saúde do rei Xurxo III (1760-1820), Wellesley-Pole encargoulle a Pistrucci, que daquela ocupaba o cargo de gravador xefe da Real Casa da Moeda, que preparase os cuños tamén para o dobre soberano (dúas libras) e para o quíntuplo soberano (cinco libras). O escritor numismático do século XIX Edward Hawkings describiu isto como unha carreira contra o reloxo para completar os cuños antes do pasamento do rei Xurxo; unha carreira que, na súa opinión, foi gañada polos artesáns da Casa da Moeda, aínda que investigacións máis recentes demostraron que o monarca xa falecera no momento en que o dobre e o quíntuplo soberano viron a luz.Bull, M. (2023). Páxina 4.

O dobre soberano, deseñado por Pistrucci, amosa no seu anverso o busto do rei ollando cara á dereita, rodeado pola lenda GEORGIUS III D G BRITANNIAR REX F D ("Xurxo III, pola graza de Deus, rei dos británicos, defensor da fe") e coa data de 1820 no exergo. Pola súa banda, no reverso represéntase o clásico deseño de San Xurxo e o Dragón, sen lenda nin data, que se convertería no motivo máis característico de toda a serie de moedas do soberano e tamén dutras, como a coroa de prata, desde que aparecera por primeira vez na moeda dun soberano de 1817, rodeado polo lema da Orde da Xarreteira.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 453. No reverso amósanse tamén, a modo de marca de gravador, as iniciais B.P. de Benedetto Pistrucci na parte inferior dereita.Bull, M. (2023). Páxina 6.

O canto da moeda porta tamén unha inscrición, na que se le: DECUS ET TUTAMEN ANNO REGNI LX ("Un ornamento e unha salvagarda; sexaxésimo ano do reinado").

Calcúlase que a tiraxe desta primeira emisión do dobre soberano se limitou a uns sesenta exemplares.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 717.

Xurxo IV (1820-1830) Xurxo IV (1820-1830) "2 Pounds - George IV". Numista.com140x140px140x140pxA/: Retrato sen coroa de Xurxo IV cara á esquerda. Lenda: GEORGIUS IIII D: G: BRITANNIAR: REX: F: D:R/: San Xurxo a cabalo matando o dragón, cara á dereita. Data e marca de gravador (B.P.) no exergo. Lenda: (anepigráfica) Data: 1823 Gravador: J. B. Merlen (A/) e B. Pistrucci (R/). Canto: DECUS ET TUTAMEN. ANNO REGNI IV

En 1823, o reverso de Pistrucci utilizouse novamente no dobre soberano, para a nova serie de moedas emitidas con motivo do inicio do reinado de Xurxo IV (1820-1830), xa co busto do novo monarca no anverso. Este novo anverso foi creado polo artista francés Jean Baptiste Merlen, cun deseño baseado nun busto preexistente obra de Francis Chantrey. O feito de que non fose Pistrucci o encargado do anverso da nova moeda explícase porque este non consideraba adecuado que se lle pedise que adaptase unha obra creada por outro artista, polo que se negou a adaptar para a súa cuñaxe o busto de Chantrey.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 439.

A lenda que rodea o busto do monarca no anverso desta segunda emisión de 1823 é a mesma da de 1820, coa única excepción da substitución do ordinal III por IIII ( GEORGIUS IIII D: G: BRITANNIAR: REX: F: D:). Ademais, a data trasladouse do anverso ao exergo do reverso. Tamén no canto se mantivo a lenda DECUS ET TUTAMEN ANNO REGNI IV, coa única variación do ordinal do ano de reinado, que nesta ocasión se representou como IV (o cuarto ano). Deste xeito, o mesmo número aparece representado de dúas maneiras diferentes sobre a mesma moeda: como IIII no ordinal do monarca no anverso, e con IV no ordinal do ano de reinado no canto da moeda.Bull, M. (2023). Páxina 36.

A nome de Xurxo IV fixéronse novas emisións nos anos 1824, 1825 e 1826, xa cun deseño diferente."Coins of George IV. Double sovereign". Coins-of-the-uk.co.uk O anverso destas novas cuñaxes, creado por William Wyon, amosa no anverso un busto real de tamaño inferior ao de 1823, en tanto que no reverso se substitúe o San Xurxo e o Dragón por un escudo coroado, cunha capa de fondo. Nestas moedas, a lenda aparece repartida entre o anverso GEORGIUS IV DEI GRATIA ("Xurxo IV pola graza de Deus"...) e o reverso BRITANNIARUM REX FID DEF (... "rei dos británicos, defensor da fe").

As emisións de 1824 e de 1826 repiten no canto a inscrición das cuñaxes anteriores, cada unha coa alusión ao seu ano de reinado —nesta ocasión non con numeración romana senón coas expresións QUINTO e SEPTIMO, respectivamente—. Pola súa banda, a emisión de 1825 amosa o canto liso, carente de inscricións e de calquera ornamento.

Das catro emisións a nome de Xurxo IV, unicamente a de 1823 estaba destinada á circulación; as demais cuñáronse en pequenas tiraxes como moedas de proba, e a de 1826 distribuíuse unicamente formando parte do estoxo de presentación con acabamento especial proof.

Guillerme IV (1830-1837)

Guillerme IV (1830-1837) "2 Pounds - William IV". Numista.com140x140px140x140pxA/: Retrato sen coroa de Guillerme IV cara á dereita. Lenda: GULIELMUS III D: G: BRITANNIAR: REX F: D:R/: Escudo coroado e con manto. Data no exergo. Lenda: ANNO 1831 Data: 1831 Gravador: W. Wyon (A/) e J. B. Merlen (R/). Canto: liso,

En 1831 produciuse unha moeda de proba do dobre soberano como parte da serie de presentación con acabamento proof, que anunciaba as novas emisións a nome do rei Guillerme IV (1830-1837).

O anverso, obra de William Wyon a partir dun busto creado por Francis Chantrey, amosa a cabeza do rei ollando cara á dereita, rodeado pola lenda GULIELMUS IIII D G BRITANNIAR REX F D ("Guillerme IV, pola graza de Deus, rei dos británicos, defensor da fe"). No truncamento do pescozo aparecen en miniatura, a modo de marca de gravador, as siglas WW de William Wyon.

Pola súa banda, o reverso, creado por Jean Baptiste Merlen, amosa un escudo coroado e cunha capa de fondo, pouco habitual na serie de moedas do soberano. O escudo está acuartelado coas armas de Inglaterra, Escocia e Irlanda, e amosa no centro as armas coroadas do Ducado de Brunswick-Lüneburg, e na base o colar da Orde da Xarreteira."Two Pounds 1831". Onlinecoin.club"2 Pounds, William IV, Great Britain, 1831". Museums Victoria (Collections.museumsvictoria.com.au). Completa o reverso a indicación do ano de emisión: ANNO 1831, como única inscrición. O canto desta moeda é tamén liso.

Emisións vitorianas e da primeira metade do século XX

Vitoria (1837-1901) Vitoria (1837-1901) "2 Pounds - Victoria 2nd portrait". Numista.com1640x140px140x140pxA/: Cabeza do Xubileu de Vitoria cara á esquerda. Lenda: VICTORIA D: G: BRITT REG: F: D:R/: San Xurxo a cabalo matando o dragón, cara á dereita. Data e marca de gravador (B.P.) no exergo. Lenda: (anepigráfica) Data: 1887 Gravador: J. E. Boehm (A/) e B. Pistrucci (R/). Canto: estriado.