Antonio Fernández Rivadulla, nado en Ourense o 29 de xaneiro de 1978, é un exfutbolista e adestrador galego.
Traxectoria
Como xogador É fillo do tamén futbolista Antonio Fernández García, natural de Mondariz e que xogou como dianteiro en equipos como o Pontevedra ou o Ourense. Na cidade das Burgas naceu Antonio fillo o 29 de xaneiro de 1978. Criouse en Pontevedra e iniciou a súa traxectoria como futbolista no Vilalonga, co que debutou en Terceira División con 17 anos. Tras un breve paso polo equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, xogou no Lalín, o Grove e o Xove Lago, ata que en 2002 saíu de Galicia para xogar no Villarrobledo. Máis tarde xogou no Granada, o Torredonjimeno, o Granada Atlético, o Guadalajara e o Motril.
En 2008 volveu ao fútbol galego e militou en catro clubs da Terceira División: Portonovo, Ourense, Pontevedra e Céltiga. Tras pasar brevemente polo Boiro, pechou a súa carreira no Vilalonga, no que xogou ano e medio entre 2013 e 2014.
Como adestrador En decembro de 2014, sendo xogador do Vilalonga, colgou as botas para converterse no adestrador do propio club sanxenxino na Preferente Galicia. Dirixiu o equipo durante dúas tempadas e media, logrando na segunda delas o ascenso á Terceira División e acabando décimo na seguinte.
Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 adestrou o Alondras en Terceira, rematando en cuarta posición en ambas ocasións. En outubro de 2019 fichou polo San Roque de Lepe, tamén de Terceira, co que conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF na tempada 2020/21. Dirixiu o equipo tamén o seguinte ano, acabando a súa primeira campaña na categoría a un só punto da promoción de ascenso.
O 6 de xullo de 2022 asinou como novo técnico do Pontevedra, na Primeira División RFEF. Non chegou a rematar a tempada, pois foi destituído trala xornada 19, despois de conseguir só 4 vitorias en liga.
Palmarés Xogador Boiro Preferente Galicia (1): 2012/13.
Adestrador Vilalonga Preferente Galicia (1): 2015/16.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1978 Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lalín Categoría:Xogadores da UD Xove Lago Categoría:Xogadores do CP Villarrobledo Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Torredonjimeno CF Categoría:Xogadores do Deportivo Guadalajara Categoría:Xogadores do Motril CF Categoría:Xogadores do Portonovo SD Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Céltiga FC Categoría:Xogadores do CD Boiro Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Vilalonga CF Categoría:Adestradores do Alondras CF Categoría:Adestradores do Pontevedra CF