Ivan Jablonka, nado o 23 de outubro de 1973 en París, é un historiador e escritor francés.

Traxectoria Os seus traballos versan sobre diversas temáticas como a infancia abandonada,o Estado de bienestar, a violencia de xénero,a masculinidade e as novas formas de escritura histórica.

Obras Recibiu o Premio Médicis en 2016 por Laëtitia ou la fin des hommes, unha investigación histórica e sociolóxica que conta a historia dunha moza chea de soños e entusiasmo, brutalmente vexada e asasinada aos 18 anos.

A súa obra Des hommes justes. Du patriarcat aux nouvelles masculinités,s, volve imaxinar as culturas e normas que conforman as ideas do "eu masculino". Lembrando que, desde a infancia, sentiu incómodo con “o modelo de virilidade obrigatorio”, ofrece unha reflexión sobre as masculinidades antigas e modernas, a igualdade de xénero e propón “refundar a virilidade para facela compatible coa igualdade de xénero”​. Tamén declarou que “todos crecemos nunha sociedade globalmente patriarcal, estamos colectivamente intoxicados"​.

Notas

Categoría:Escritores de Francia