Andrea Momoitio San Martín, nada en Ortuella en 1989, é unha xornalista española. Forma parte da asemblea da revista dixital feminista Pikara Magazine. É a autora de Lunática.

Traxectoria Licenciouse en Xornalismo pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU). Ten un máster en Estudos Feministas e de Xénero pola Universidade do País Vasco. No seu TFM analizou como as mozas lesbianas recoñecen as referencias do lesbianismo que aparecen nas series de ficción producidas en España. Tamén ten un máster en Xornalismo Dixital.

Comezou a colaborar con Pikara Magazine dende o seu nacemento, en novembro de 2010, cando cursaba o segundo curso de Xornalismo, cunha reportaxe sobre as novas feministas. Actualmente é unha das súas coordinadoras e publicou reportaxes sobre temas como a muller no xadrez, xestación por substitución ou a memoria histórica do feminismo. Para Pikara, entrevistou a mulleres como a directora de cine Leticia Dolera, as cantautoras Viruta Ftm e Alicia Ramos, a filósofa e escritora Silvia Federici ou as activistas Laura Bugalho e Zuriñe Baztan. Escribe artigos desde 2014 en Eldiario.es, dentro do blog +Pikara.

Ten unha columna de opinión quincenal en Público, relacionada coa memoria histórica e as mulleres, e tamén é colaboradora en medios como Ctxt, El Salto, Periódico Diagonal, Público, Eldiario.es, La Madeja o Altaïr Magazine.

Participou na primeira serie de De eso no se habla co podcast Lunáticas, que está baseado no seu libro Lunática.

Obra

2015, De la invisibilidad a la irreverencia: Lesbianismo en televisión. (TFM). 2016, Lesbofobia: ¿por qué y cómo hay que nombrarla? 2019, Feminismos. Miradas desde la diversidad. (VVAA). ISBN 9788441542044 2022, Lunática (Libros del KO).ISBN 9788417678746

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Feministas do País Vasco Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Ortuella