Philippe Starck, nado o 18 de xaneiro de 1949 en París, é un arquitecto e deseñador industrial francés coñecido pola súa ampla gama de deseños, incluíndo deseño de interiores, arquitectura, obxectos domésticos, mobles, barcos e outros vehículos.

Traxectoria O seu pai, André Starck, enxeñeiro aeronáutico, inspirou a Starck xa dende pequeno, facía "da invención un deber". A súa familia vivía na rexión de Alsacia, antes de que o seu avó se mudase a París. Estudou na École Nissim de Camondo de París. En 1968 fundou a súa primeira empresa, que producía obxectos inchables. En 1969 converteuse en director artístico de Pierre Cardin.

En 1974 instalouse nos Estados Unidos e dous anos despois volveu a París, onde lanzou o seu primeiro night club, La Main Bleu, e o club nocturno Les Bains-Douches. En 1979 fundou a empresa Starck Product.

Durante a década de 1980 renovou os apartamentos privados do presidente francés François Mitterrand no Palais de l'Elysée, decorou os interiores do Café Costes de París e foi responsable dos interiores do Caffé Manin de Tokyo. Tamén foi o encargado de decorar os interiores do Hotel Royalton de Nova York e deseñou os planos das instalacións da empresa francesa de cubertos Laguiole. A finais da década de 1980, construíu o barco La Fiamma para a empresa Asahi e a propiedade Nani Nani para Rikugo en Tokyo. ​Tamén se encargou do deseño de interiores do Teatro Infanta Beatriz​ e Ramses en Madrid e foi o responsable da decoración interior do Hotel Paramount.

En 1991 participou na construción do Museo de Groningen, construíu o edificio de oficinas Le Baron Vert en Osaca para Meisei e ocupouse dunha serie de residencias privadas, como Lemoult (París), L'Angle (Anveres), 18 rapport maisons nos Ánxeles e unha residencia privada en Madrid. A finais dos 90, creou o catálogo Good Goods con La Redoute.

En 2018, inaugurou dous edificios en Quito, Ecuador, un dentro da zona urbana da cidade e outro na parroquia de Cumbayá; Para Starck, os edificios propoñen a vida comunitaria: "Vivimos nunha sociedade na que estamos cada vez máis sós, envexando aos nosos veciños. Aquí é todo o contrario, emprego un concepto de surrealismo moderno que ofrece sorpresa en todo o que se ve", dixo. Durante a inauguración de ámbolos proxectos os proxectos foron promovidos por Uribe & Schwarzkopf, promotora inmobiliaria liderada por Tommy Schwarzkopf, que foi o encargado de liderar a renovación urbana da cidade.

Obra

Arquitectura

miniatura|295x295px|Sede de Asahi Breweries en Sumida-ku, Tokyo, Xapón.1978 - Night club Le Bains Douches, arquitectura de interiores, París, Francia 1982 - Starck Club, Dallas 1983/84 - Palais de l'Elysée, París 1984 - Café Costes, París 1985 - Restaurant Theatron, México 1986 - Creeks, París; Jouet et Cie, París 1987 - Restaurant Manin, Tokio; Lagouiole factory, Lagouiole; Maison Lemoult, París 1988 - espazo para conciertos La Cigale, París, Café Mystiquw, Tokio; Hotel Royalton, Nova York 1989 - Nani Nani, Tokio 1990 - Agence design agency, París; Restaurante Asahi "La Flamme", Tokio; Hotel Paramont, Nova York; Restaurante Teatriz, Madrid 1991 - Boutique Hugo Boss, París 1992 - Salone Coppola, Milán; Le Baron Vert, Osaca, Xapón 1993 - Groningen Museum, con Alessandro Mendini, Holanda 1994 - Peninsula Hotel, Restaurant Felix; Oyster Bar Hong Kong; Starck House 3, Suíza; 1995 - Hotel Delano, Miami Beach; Formentera House 1996 - Placido Arango Jr. House, Madrid

1997 - Asia de Cuba Restaurant, Nova York; Hotel Mondrian, Hollywood; Torre de control, Burdeos, Francia 1998 - École Nationale des Arts Décoratifs (ENSAD), París, Francia 1999 - Hotel St. Martins Lane, Londres 2000 - Chez Bon, París; Hotel Sanderson, Londres; Hotel Hudson, Nova York 2001 - Hotel Clift, San Francisco 2002 - TASCHEN Bookshop, París 2003 - Museo Baccarat, París 2004 - Faena Hotel+Universe , Buenos Aires 2007 - Restaurante Ramses, Madrid 2009 - Icon Vallarta, Puerto Vallarta, MX 2010 - Reforma de La Alhóndiga, Bilbao 2018 - Yoo, Quito & Cumbayá

Deseño miniatura|Juicy Salif espremedor de limón de Philippe Starck. Deseñado para Alessi (1990)

1970 - Francesca Spanish, cadeira, Starck Products 1977 - Easy Light, cadeira, Starck Products 1978 - Dr. Von Vogelsang, diván, Starck Products 1984 - Richard III, cadeira 1984 - Costes, cadeira, Driade 1985 - Saraphis, cadeira, Driade 1986 - Ed Archer, cadeira, Driade 1986 - Lola Mundo, cadeira, Driade 1988 - Ara, lámpada, Flos 1990 - Dr. Glob, mesa e cadeira, Kartell; W.W. Stool, cadeira, Vitra 1991 - Juicy Salif, espremedor, Alessi; Max le Chinois, coador de pasta, Alessi; Hot Bertaa, fervedoiro, Alessi 1992 - Le paravent de l'autre, biombo, Driade 1994 - Lord Yo, cadeira; Jim Nature, televisor, Saba 1995 - Moto 6,5, moto, Aprilia 1996 - Miss Trip, cadeira, Kartell 2012 - Volteis, coche eléctrico 2016 - Xiaomi Mi MIX, teléfono móbil 2017 - Xiaomi Mi MIX 2, teléfono móbil 2018 - Xiaomi Mi MIX 2S, teléfono móbil

Premios

1980 - Oscar du luminaire. 1985 - Chevalier de l'Ordre des Arts et des Lettres de Francia. 1986 - Premios Delta de la Plata. 1987 - Platium Circle. 1988 - Grand Prix National de la création industrielle, París. 1990 - Interior Architecture Award. 1991 - Twelfth Annual Interiors Award. 1995 - Good design Award; Prix d'excellence Marie Claire Maison; Trophées du Design Batimat; Design Preis Schweiz; Auszeichnung für hüchste Designqualität. 1998 - Auszeichnung für hohe Designqualität. 2000 - iF Product Design Award; Distinction; Red Dot for High Design Quality. 2000 - Gold ADEX; German Ranking Design Award; Good Design Award.

Notas

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1949 Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Deseñadores industriais