Imanol Irurtzun Artola, nado en Ihabar (concello de Arakil), Navarra, o 11 de outubro de 1988, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.
Traxectoria Comezou a arbitrar na tempada 2012/13 e foi subindo unha categoría por ano ata chegar á Terceira División. Na 2016/17 foi o árbitro con mellor puntuación de Terceira, logrando o ascenso á Segunda División B. Dirixiu partidos de dita categoría durante catro anos, así como a final da Copa Federación de 2021 entre o Córdoba e o Guijuelo.
Dende a tempada 2022/23 arbitra na Primeira División RFEF.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .
Categoría:Nados en Navarra Categoría:Nados en 1988 Categoría:Árbitros de fútbol de España Categoría:Personalidades sen imaxes