Néstor Holgueras Castellanos, nado en Madrid o 25 de xuño de 1992, é un árbitro de fútbol e enxeñeiro español, que milita na Primeira División RFEF.
Traxectoria Naceu en Madrid pero ao pouco tempo instalouse en Segovia. Comezou a arbitrar con 15 anos e despois de subir por diferentes categorías conseguiu ascender á Segunda División B con 23 anos, en 2015. Con todo, mantívose só un ano categoría, descendendo ao remate da campaña. Despois de tres anos máis na Terceira División, conseguiu regresar á Segunda B en 2019, cando ascendeu xunto ao tamén segoviano Cid Camacho. Para a tempada 2023/24 foi ascendido á Primeira División RFEF.
Fóra do fútbol, traballa como enxeñeiro industrial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1992 Categoría:Árbitros de fútbol de España Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Enxeñeiros de España