O Monumento natural Cova de Prometeo () ou Cova Tskhaltubo () é unha cova cársica situada no Concello de Tskhaltubo na rexión do Imereti, en Xeorxia.

O nome da cova asociado ao Titán Prometeo foi unha idea do Presidente de Xeorxia Mikheil Saakashvili, o cal tras unha visita no 2010 impulsou a cova como punto turístico do país, outorgando fondos públicos para o proxecto, e recordou que o propio Prometeo foi encadeado, segundo a lenda, no cantil da cova Khvamli, xusto lindeira coa Cova Tskhaltubo.

Características

A cova foi descuberta o 15 de xuño de 1984, por espeleólogos do Instituto de Xeografía Vakhushti Bagrationis de Tbilisi. Ten unha superficie estimada de entre 200 e 250 km² e a súa profundidade con respecto á superficie é de 40 metros, a entrada principal da cova asenta a 100 metros sobre a superficie do mar. Conta con 22 salas, 6 delas abertas ao público, onde se repiten formacións como : estalacticas, estalagmitas, coadas, fervenzas petrificadas, formadas por carbonato de calcio, pisolitas, ríos subterráneos e lagos. A cova ten ramificacións aínda por explorar que se estiman dunha maior superficie que o xa descuberto até agora. A superficie total dos corredores nas seis salas e os que os interconectan é de 20 quilómetros, dos cales 1.6 están equipados para os visitantes. Ao final da ruta de 1.6 km os visitantes abandonan a cova nun bote que navega ata o exterior a través do río subterráneo. A temperatura dentro da cova é duns constantes 14 graos centígrados. Os científicos catalogaron morcegos, moluscos de auga doce e crustáceos habitando a cova.https://www.geocaching.com/geocache/GC7Q27A_prometheus-cave

Antes do 1990 máis de 600 covas foron rexistradas no oeste de Xeorxia. Unha das teses que explican a abudancia de covas na rexión é unha gran banda calcaria situada entre o talude do sur e o bloque xeorxiano. https://www.fmm.ru/images/b/b9/NDM_2014_49_Matvienko_eng.pdf

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Xeografía de Xeorxia