Álvaro Fernández Carreras, nado en Ferrol o 23 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Real Madrid da Primeira División.

Traxectoria

Comezos Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Galicia de Caranza e do Racing de Ferrol, entrando en 2012, con nove anos, na canteira do Deportivo da Coruña . En 2017, despois de cinco anos no equipo coruñés, ingresou na estrutura do Real Madrid, onde pasou tres anos, os dous primeiros nos equipos cadetes e o terceiro no xuvenil C.

Manchester United Para a tempada 2020/21 fichou polo equipo sub-23 do Manchester United, co que competiu durante dous anos na Premier League 2, ademais de xogar tamén algúns encontros co equipo sub-18. Disputou o EFL Trophy, a FA Youth Cup e a Liga Xuvenil da UEFA, sendo un habitual das aliñacións titulares e pechou o seu paso polas categorías inferiores do Manchester cun total de 62 partidos, 7 goles e 13 asistencias.

Foi tamén convocado por Ralf Rangnick para os catro últimos partidos do primeiro equipo, aínda que non chegou a saír do banco de suplentes.

Cesión ao Preston North End Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Preston North End do Championship, segunda categoría do fútbol inglés. Debutou o 30 de xullo de 2022, substituíndo ao irlandés Robbie Brady na segunda parte dun partido ante o Wigan Athletic, e acabou a tempada cun total de 42 partidos e 6 asistencias.

Cesión ao Granada En setembro de 2023 anunciouse o seu regreso a España, cedido por un ano ao Granada. Debutou na Primeira División na quinta xornada da tempada 2023/24 ante o Girona no Nuevo Los Cármenes, substituíndo nos minutos finais a Bryan Zaragoza. Disputou un total de 14 partidos, 6 deles como titular, ata xaneiro, cando o Manchester anunciou que o xogador deixaría de xogar en Granada para facelo en Lisboa, cedido no Benfica.

Cesión ao Benfica Debutou co Benfica nas semifinais da Taça da Liga ante o Estoril e tres días despois xogou o seu primeiro encontro na Primeira Liga, nun partido ante o Gil Vicente no estadio da Luz no que substituíu na segunda parte ao brasileiro Morato. Pechou a campaña con 16 partidos, 7 deles como titular, e un gol ante o Farense.

Benfica En maio, o Manchester United anunciou que o Benfica exercera a súa opción de compra sobre o xogador, duns 6 millóns de euros. Durante a tempada 2024/25 consagrouse como un dos mellores xogadores do fútbol portugués, ás ordes de Bruno Lage. Disputou un total de 52 partidos e anotou catro goles, un deles na Copa da Liga que o seu equipo acabou conquistando. Xogou tamén a Liga de Campións e o Mundial de Clubs, caendo en ambos casos nos oitavos de final. No torneo de liga foi subcampión, por detrás do Sporting, pero foi elixido mellor lateral esquerdo do campionato.

Real Madrid En xullo de 2025 foi traspasado ao Real Madrid, que pagou por el 50 millóns de euros.

Internacional Selección española En 2019 disputou dous partidos coa selección española sub-19, fronte a Israel. O 8 de setembro de 2023 debutou coa selección sub-23, nunha goleada por 0-6 ante Malta.

Selección galega dereita|miniatura|Álvaro Carreras coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web do Granada CF .

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Futbolistas de Ferrol Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Preston North End FC Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia