Patricia García González, nada en Vigo o 12 de xullo de 1975, é unha empresaria e política galega do PPdeG. miniatura|Papeleta das autonómicas de 2024, García foi de segunda por Pontevedra. Traxectoria Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo (1997). Impartiu clases en Thema Formación. Fundou en 1999 o grupo empresarial Femxa Formación e controla o holding empresarial Green Smart Ventures. En 2018 foi elixida presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia,Patricia García toma el relevo como primera presidenta del Círculo de Empresarios de Galicia Faro de Vigo. deixou o posto en 2021 para unirse ao PPdeG. Nas eleccións municipais de 2023 foi candidata no posto seis da lista do PPdeG de Vigo e non foi elixida concelleira. Logo da dimisión de Irene Garrido, entrou como concelleira.Las elecciones generales abocan a los primeros relevos en el pleno recién constituido en Vigo La Voz de Galicia.

Membro da executiva do PPdeG de Vigo, foi candidata número dous na lista do PPdeG da provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas de 2024,Rueda sitúa a la empresaria viguesa Patricia García como número 2 por Pontevedra Faro de Vigo.O PP ficha para as eleccións a unha empresaria que se adxudicou contratos da Xunta e outros gobernos afíns resultando elixida deputada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Galeg@s

Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo

Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG