Raúl Toni Alcaina Fenollosa, nado en Museros (provincia de Valencia) o 19 de xullo de 2000, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Racing de Ferrol, da Primeira Federación.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol na súa vila natal, Museros, pasando logo polo Massamagrell e o Alboraya, antes de ingresar na canteira do Torre Levante. Con só 16 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División. En 2018 fichou polo xuvenil do Levante UD e alternou partidos deste equipo co do filial, o Atlético Levante, que militaba na Segunda División B.
Para a tempada 2019/20 saíu cedido ao Castellón, tamén de Segunda B. Disputou un total de 20 partidos ás ordes de Óscar Cano, proclamándose campión da categoría e ascendendo á Segunda División nunha campaña marcada pola irrupción da pandemia de COVID-19.
A continuación regresou ao Atlético Levante, co que xogou durante os seguintes dous anos, sumando 51 partidos e 11 goles. En xullo de 2022 fichou polo Alcoyano, da Primeira División RFEF. Na súa primeira campaña en Alcoi foi titular indiscutible e a principal referencia no ataque do equipo, rematando como máximo goleador con 9 dianas. comezou a tempada 2023/24 nas filas do club valenciano, pero no mercado invernal foi traspasado ao Deportivo da Coruña, da mesma categoría.
Debutou co Deportivo nun partido ante a SD Logroñés nas Gaunas, que acabou en goleada galega por 0-5. Saltou ao terreo de xogo na segunda metade como substituto de Barbero e no seu terceiro toque ao balón marcou o quinto e definitivo gol. Anotou tamén no seu segundo partido, ante o Tarazona, e na derradeira xornada fronte ao Real Unión, sumando así tres goles a pesar de dispoñer só de dúas titularidades e dun total de 327 minutos de xogo. Pechou a campaña co ascenso á Segunda División e o título de campión absoluto da Primeira Federación.
Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Real Murcia, tamén da Primeira Federación. No conxunto murciano sumou 29 partidos, 14 deles como titular, e marcou tres goles, contribuíndo a que o equipo se clasificase para a promoción de ascenso, na que caeu ante o Nàstic de Tarragona.
No verán de 2025, o presidente e propietario do Deportivo, Juan Carlos Escotet, adquiriu tamén o Penafiel, da Segunda Liga de Portugal, e Alcaina converteuse no segundo traspaso entre ambos clubs, só unhas horas despois de que fose traspasado tamén Iano Simão. Ambos xogadores asinaron co club portugués por dous anos. Co club de Penafiel disputou un total de 25 encontros, contribuíndo con dous goles e unha asistencia á permanencia do equipo na segunda categoría.
En xullo de 2026 regresou a Galicia para fichar polo Racing de Ferrol, da Primeira Federación.
Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de Copa Federación e promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesTorre Levante2017/18Terceira10----10Atlético Levante2018/19Segunda B60----60Castellón2019/20Segunda B1300071201Atlético Levante2020/21Segunda B235----2352021/222ª RFEF286----286Total club571100005711Alcoyano2022/231ª RFEF369----3692023/241ª RFEF 16 2 ---- 162Total club521100005211Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF 13 3 000 0 133Murcia2024/251ª RFEF262--31293Penafiel2025/26Segunda24210--252Total carreira 186 29 1010 2 19731
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do FC Penafiel Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol