Chicken Run 2: O amencer dos nuggets (en ) é un filme británico de 2023 dirixido por Sam Fell a partir dun guión de Karey Kirkpatrick, John O'Farrell e Rachel Tunnard. Baséase nunha historia concibida por Kirkpatrick e O'Farrell. É a secuela de Chicken Run (2000), e foi producido por Aardman Animations e está protagonizado polas voces de Thandiwe Newton, Zachary Levi, Bella Ramsey, Romesh Ranganathan, David Bradley, Daniel Mays, Jane Horrocks, Imelda Staunton, Lynn Ferguson, Josie Sedgwick-Davies, Peter Serafinowicz, Nick Mohammed e Miranda Richardson. Conta a historia de Rocky e Ginger que lideran unha misión de rescate cando a súa filla é secuestrada nunha granxa de aves moi avanzada dirixida pola súa antiga inimiga, a Señora Tweedy.

Chicken Run 2: O amencer dos nuggets estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Londres o 14 de outubro de 2023, e estreouse en Netflix o 15 de decembro de 2023, onde conta con opción dobrada e subtitulada en galego. Recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica.

Personaxes

Thandiwe Newton como Ginger Zachary Levi como Rocky Bella Ramsey como Molly Imelda Staunton como Bunty Lynn Ferguson como Mac David Bradley como Fowler Jane Horrocks como Babs Romesh Ranganathan como Nick Daniel Mays como Fetcher Josie Sedgwick-Davies como Frizzle Peter Serafinowicz como Reginald Smith Nick Mohammed como Dr. Fry Miranda Richardson como Mrs. Melisha Tweedy

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego