Farthing británicoAna (1702-1714) "1 Farthing - Anne". Numista.com240x240px A/: Busto drapeado de Ana cara á esquerda. Lendas: ANNA DEI GRATIA. R/: Britannia sedente cara á esquerda. Tridente na man esquerda e póla de oliveira na dereita. Escudo coa Union Jack apoiado. Data no exergo. Lendas: BRITANNIA / 1714 Data: 1714. Ceca: Royal Mint. Gravador: John Croker. Metal: Cobre. Diámetro: 22,00 mm. Peso: 5,79 g. Canto: liso.

O farthing británico (palabra derivada do inglés antigo feorthing: "cuarta parte")Frey, A. R. (1917).Spink Numismatic Circular. Marzo de 1983. Vol. XCI. Nº 2. Páxina 39. foi unha moeda británica que valía un cuarto de penique antigo (1/960 de libra esterlina)."Pounds, Shillings and Pence. The pre-decimal system". The Royal Mint Museum. Deixou de cuñarse a partir de 1956 e foi desmonetizada o 1 de xaneiro de 1961.

O farthing británico é unha continuación do farthing inglés, cuñado polos monarcas ingleses antes da Lei da Unión de 1707, que unificou as coroas de Inglaterra e Escocia no Reino de Gran Bretaña. Baixo o reinado da raíña Ana (1702-1714) só se cuñaron farthings como modelo, a modo de proba, xa que había un exceso de farthings ingleses en circulación correspondentes a reinados anteriores. A moeda cuñouse de xeito intermitente baixo os períodos de Xurxo I (1714-1727) e Xurxo II (1727-1760), pero no reinado de Xurxo III (1760-1820) as falsificacións chegaran a ser tan frecuentes que a Royal Mint deixou de cuñar moedas de cobre a partir de 1775. Os seguintes farthings foron os primeiros cuñados con prensas a vapor, en 1799, por Matthew Boulton na súa Ceca do Soho baixo licenza. Boulton cuñou máis farthings en 1806, e a Royal Mint retomou a produción en 1821. O cuarto de penique cuñouse con bastante regularidade baixo Xurxo IV (1820-1830) e Guillerme IV (1830-1837), nesta época co mesmo deseño que o penique e que o medio penique, aínda que cun tamaño inferior, tónica que se mantivo ata despois de 1936.

Historia

Antecedentes miniatura|Farthing medieval inglés de prata (ca. 1200-1250)."Unique ID: NMGW-D42684 ". Portable Antiquities Scheme (Finds.org.uk).|240x240px

O farthing británico é unha continuación da serie do farthing medieval de prata iniciada no século XIII baixo o rei inglés Henrique III (1216-1272). No século XVI, a falta de moeda miúda motivaba que os particulares emitisen moedas privadas de metal común para facilitar o cambio nas relacións comerciais cotiás,Weightman, A. E. (1906). Páxina 181.Peck, C. W. (1960). Páxinas 1-8. e en 1613, Xacobe I (1603-1625) concedeulle a John Harington, primeiro barón Harington de Exton, o monopolio para fabricar moedas reais de cobre co nome do rei.Peck, C. W. (1960). Páxina 19.

En 1672, Carlos II (1660-1685) autorizou esta ceca para producir as primeiras moedas de cobre,Peck, C. W. (1960). Páxina 105. en cuxos reversos aparecía por primeira vez a figura alegórica nacional da Britannia.Cavendish, R. (2010).Peck, C. W. (1960). Páxina 110.

Ana (1702-1714) A emisión de farthings non fora necesaria durante a maior parte do reinado da raíña Ana, por mor do excedente dos vellos farthings ingleses que continuaban en circulación. Así e todo, a partir de 1713 comezou a darse unha escaseza de moedas de cobre (o medio penique e o cuarto de penique), polo que a Royal Mint considerou a emisión de farthings en 1714, mais o falecemento da raíña ese mesmo ano frustrou o proxecto. Chegou a producirse unha curtísima tiraxe desta moeda con data de 1714, cun diámetro de entre 21 e 22 milímetros,Lobel, R. ed. (1999) . Páxinas 608-609. aínda que só a modo de proba. Estes espécimes contiñan aproximadamente o valor dun cuarto de penique de cobre, xa que o daquela mestre de ceca da Royal Mint, Isaac Newton, consideraba que as moedas debían conter o seu valor en metal. Algúns exemplares desta emisión en proba do farthings de 1714 a nome de Ana acabaron entrando en circulación.Peck, C. W. (1960). Páxinas 175-179.

Este primeiro modelo do farthing amosa no anverso o busto da raíña cara á esquerda rodeado pola lenda ANNA DEI GRATIA, entanto que o reverso está caracterizado pola presenza dunha Britannia sedente, que sostén un tridente na man esquerda e unha póla de oliveira na man dereita elevada. Apoiado na base está un escudo coa bandeira do Reino Unido. Habitualmente considérase que esta Britannia ten un gran parecido coa raíña Ana e, segundo o escritor numismático Kerry Rodgers: "foi neste momento cando a mestura da personificación feminina de Gran Bretaña coa imaxe da raíña reinante se afianzou firmemente".Rodgers, K. (2017). Páxina 44.

Newton era un firme defensor da boa calidade da cuñaxe, o que se ve reflectido nesta proba do farthing de Ana, que amosa diversos avances, como unha maior consistencia na cuñaxe, con respecto ao anterior do rei inglés Guillerme III (1689-1702).Lobel, R. ed. (1999) . Páxina 609.

Xurxo I (1714-1727) Xurxo I (1714-1727) "1 Farthing - George I 'Dump' issue" / "2nd issue; larger flan". Numista.com297x297px A/: Busto drapeado de Xurxo I cara á dereita. Lendas: GEORGIVS REX. R/: Similar ao anterior Lendas: BRITANNIA / Data Datas: 1717-1724 (con variantes). Ceca: Royal Mint. Gravador: John Croker. Metal: Cobre. Diámetro: 20 a 22 mm. Peso: 4,93 a 5,4 g. Canto: liso.

A necesidade dunha moeda de cobre non diminuíu tras a chegada do rei Xurxo I, mais os medios peniques e os cuartos de penique cuñados a nome de Ana, fabricados con metal preparado na Royal Mint, non superaran as probas de pureza. Cumpriu, xa que logo, esperar ata 1717 para que Newton intentase cuñar novamente esas dúas moedas, nesta ocasión a partir de tiras de cobre adquiridas externamente a un contratista.Craig, J. (2010) . Páxinas 220-221. O prezo do metal subira, polo que os novos farthings tiveron que ser máis lixeiros de peso que os emitidos por Ana, entre 4,5 e 5,3 gramos. Os farthings cuñados en 1717 eran máis pequenos e grosos que os de 1714, cun diámetro de 20 a 21 milímetros. Os farthings de 1719 a 1724 son lixeiramente meirandes, con entre 22 e 23 milímetros, aínda que teñen o mesmo peso. As moedas cuñáronse en alto relevo, polo que a Royal Mint tivo problemas para transferir o deseño aos discos na cuñaxe, o que provocou innumerables defectos. Craig, J. (2010) . Páxina 221.

No anverso figura a cabeza do rei Xurxo cara á dereita e a inscrición GEORGIVS REX, e no reverso un deseño idéntico ao dos farthings de Ana: a representación de Britannia coa inscrición BRITANNIA e a data no exergo. Os deseños foron obra de John Croker, posiblemente asistido por Johann Rudolph Ochs, e cuñáronse todos os anos entre 1717 e 1724.Lobel, R. ed. (1999) . Páxina 608. Como a Casa da Moeda contratara a subministración de cobre durante sete anos, cando finalizou o contrato, a cuñaxe cesou.Craig, J. (2010) . Páxinas 221-222.

Estes farthings distribuíanse nos locais da Royal Mint na Torre de Londres en paquetes por valor nominal de cinco e de dez xilins; o Tesouro negárase a asignar fondos para a súa distribución territorial.

Xurxo II (1727-1760) Xurxo II (1727-1760) "1 Farthing - George II young bust (1730-1739)" / "Older bust (1741-1754)". Numista.com121x121px120x120px A/: Busto laureado e acoirazado de Xurxo II cara á esquerda. Lendas: GEORGIVS II REX. R/: Similar ao anterior Lendas: BRITANNIA / Data Datas: 1730-1754 (con variantes). Ceca: Royal Mint. Gravador: John Croker (<1839) / John Sigismund Tanner (> 1841). Metal: Cobre. Diámetro: 23,00 mm. Peso: 4,93 g. Canto: liso.

Xurxo I finou en 1727 —o mesmo ano que Isaac Newton — e o seu fillo, Xurxo II, sucedeuno no trono e reinou ata 1760. John Croker gravou o busto do novo rei para a súa emisión de farthings, e o deseño de Britannia no reverso non se modificou. Este deseño de Croker utilizouse para as cuñaxes de 1730 a 1737 e 1739. Nas emisións posteriores —1741, 1744, 1746, 1749, 1750 e 1754— creouse un novo busto do monarca que representaba a súa maior idade, obra de John Sigismund Tanner. Todos os farthings de Xurxo II pesaban entre 4,5 e 5,3 gramos e tiñan un diámetro de entre 22 e 23 milímetros. Ambos os anversos —o de Croker e o de Tanner— amosaban o busto de Xurxo II ollando cara á esquerda e coa inscrición GEORGIVS II REX, e no reverso continuaba a Britannia coa inscrición BRITANNIA e a data no exergo. Este farthing produciuse nunha cantidade relativamente pequena en comparación co medio penique —cuñado cada ano desde 1730 ata 1754—; en ningún ano se cuñaron nin sequera a metade de farthings, e na maioría dos anos, moitos menos.Dyer, G. P.; Gaspar, G. P. (1992). Páxina 435.

A paralización de 1754 debeuse a un exceso de moedas de cobre en circulación e fíxose pola petición urxente dos comerciantes. Xa daquela xurdira outro problema: a falsificación. Desde 1725 víranse falsificacións dos medios peniques e dos cuartos de penique —os peniques eran entón de prata—, e nas décadas seguintes a circulación de falsificacións xeneralizouse. As leis da época tipificaban como delito leve a falsificación de moedas de cobre, que se castigaba cunha multa ou cunha breve pena de cadea, en tanto que a falsificación de moedas de ouro e prata se castigaba con severidade. As falsificacións eran especialmente frecuentes nas zonas rurais, onde rara vez se vían emisións reais, ao non haber un plan organizado de distribución. Non se cuñou ningún farthing datado despois de 1754, aínda que si que se coñece que se produciron cuñaxes posteriores coa data inmobilizada de 1754, o que puido deberse a que a Royal Mint esgotara as existencias de cobre. Para que a falsificación non resultase rendible, en 1755 o Consello da Casa da Moeda propuxo reducir o valor do farthing dun cuarto a un sexto de penique, mais esta medida non acadou a aprobación do Goberno.Dyer, G. P.; Gaspar, G. P. (1992). Páxina 436.Craig, J. (2010) . Páxinas 251-252.

Xurxo III (1760-1820) Xurxo III (1760-1820) "1 Farthing - George III 1771-1775" / "1779" / "1806-1807". Numista.com130x130px130x130px A/: Busto laureado e drapeado de Xurxo III cara á esquerda. Lendas: GEORGIUS III D. G. REX / Data. R/: Similar ao anterior Lendas: BRITANNIA Datas: 1771-1807 (con variantes). Ceca: Royal Mint (<1775) e Ceca de Soho (>1775). Gravador: Conrad Heinrich Küchler. Metal: Cobre. Diámetro: 21 a 23 mm. Peso: 4,9 a 6,6 g. Canto: liso ou liso con fenda central.

Os primeiros medios peniques e farthings co busto do neto e sucesor de Xurxo II, o rei Xurxo III, cuñáronse en 1771, ano en que o Parlamento tipificou como delito a falsificación de moedas de cobre. Esta medida tivo pouco efecto; os falsificadores fundiron grandes cantidades de moeda de cobre para obteren imitacións de peso máis lixeiro, aínda que o farthing foi menos falsificado que o medio penique.Peck, C. W. (1960). Páxinas 214, 233.

A primeira serie de farthings de Xurxo III, cuñados en 1771 e 1773-1775, tiña un peso de entre 4,3 e 5,3 gramos, cun diámetro de entre 23 e 24 milímetros. O anverso representa un busto do rei ollando cara á dereita, coa inscrición GEORGIVS III REX, en tanto que o reverso non sufriu cambios significativos.Lobel, R. ed. (1999) . Páxinas 609-610.

A Royal Mint deixou de cuñar moedas de cobre en 1775, cando a maioría das que había en circulación eran falsas. Ante esta situación, os comerciantes acabaron reaccionando e encheron o baleiro de moeda legal con fichas privadas (tokens) a partir de 1787. A cuñaxe do farthing na Casa da Moeda de Londres non se retomaría ata 1821, xa que as emisións a nome de Xurxo III de 1799 e de 1806-1807 se produciron nunha entidade privada.

A Ceca de Soho