Soiuz MS-18 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 9 de abril de 2021 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-18, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Novitskii, Petr Dubrov e Mark T. Vande Hei a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Novitskii, Yulia Peresild e Klim Shipenko), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-17 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 65.

O 2 de xuño dous dos cosmonautas rusos fixeron o paseo espacial número 48 de Rusia na historia da ISS e o 28 de setembro de 2021 a Soiuz MS-18 foi movida ao novo módulo Nauka, sendo a primeira nave en acoplarse a este módulo. O 15 de outubro, dous días antes do regreso da nave á Terra, durante unha proba do motor da Soiuz MS-18 para o regreso, o acendido alongouse máis alá do previsto, xirando a estación 57° da súa posición normal. A estación correxíu a orientación anómala cos seus propios propulsores sen producirse danos. A orixe do problema estivo nun erro de procedemento nas instrucións enviadas desde terra a Novitskii. Finalmente, tras 191 días en órbita, a Soiuz MS-18 desacoplouse do módulo Nauka o 17 de outubro de 2021 con Oleg Novitskii, Yulia Peresild e Klim Shipenko (estes dous últimos chegados a bordo da Soiuz MS-19 para rodar unha película) a bordo, aterrando a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 2-1a Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz