José Vázquez Rodríguez, nado en Calvos de Randín cara a 1904 e finado en Pontevedra o 22 de maio de 1937, foi un polbeiro e político galego.

Traxectoria Polbeiro en Arnois (A Estrada). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 3 de maio de 1937,La Voz de Galicia, 4-5-1937, p. 5.El Ideal Gallego, 4-5-1937, p. 3. foi condenado a morte. Foi executado en Pontevedra, ás 6 horas do 22 de maio de 1937, nos diques de Monte Porreiro - Avda. de Buenos Aires.El Pueblo Gallego, 23-5-1937, p. 13. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940,El Pueblo Gallego, 2-6-1940, p. 2.BOE, 4-9-1940, p. 4083. e foi sancionado cunha multa de 100 pesetas en setembro de 1941.BOE, 6-9-1941, p. 3362.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A Estrada. Morte

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Calvos de Randín Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1937