Zetak é un grupo vasco de música pop-electrónica fundado por Pello Reparaz o 18 de novembro de 2019. De feito, creou este grupo musical tras a disolución do grupo de música Vendetta (2007-2018).
No verán de 2022 acadou un grande éxito en Donostia e Bilbao. Durante a Donostia Week, 13 500 persoas déronse cita na praza Tomas Alba de Sagues. Durante a Aste Nagusia de Bilbao actuaron no Arenatza. En Cataluña, Zetak é coñecido por colaborar con artistas como Oques Grasses e Suu, así como por versionar unha canción de Blaumut. O 31 de xaneiro de 2024 sacou o tema en éuscaro e galego "Anguleele", nunha colaboración co grupo galego Fillas de Cassandra para o seu terceiro álbum AAZTIYEN.
Membros Pello Reparaz, cantante. Leire Colmo, percusión. Iban Larreburu, batería. Gorka Pastor, sintetizador.
Discografía Álbums ZETAK (2019) ZEINEN EDERRA IZANGO DEN (2020) AAZTIYEN (2023)
Sinxelos "Itzulera" (2022) "Zoriontasuna" (2022) "Pa amb Oli I Sal" (2023)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Zetak
Outros artigos Vendetta
Categoría:Grupos musicais de Navarra Categoría:Grupos musicais formados en 2019