Kosmos 613 ou Cosmos 613 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 30 de novembro de 1973 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Kosmos 613 foi unha Soiuz modelo 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas despois da traxedia da Soiuz 11. Ningunha Soiuz pasara voando en solitario máis de 18 días, pero a Soiuz 11 permaneceu máis de tres semanas no espazo acaroada á Saliut 1 antes de regresar a terra e despresurizarse na reentrada, falecendo seus tres ocupantes. A Kosmos 613 foi lanzada para un test de resistencia de longa duración sen tripulación e verificar que os compoñentes se comportaban acorde o seu deseño. Finalmente a nave pasou case dous meses en órbita, regresando con éxito o 28 de xaneiro de 1974 e certificando o seu correcto funcionamento en estancias de longa duración.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511

Categoría:Programa Soiuz