Luís Garcia Braga da Cruz, nado en Coímbra no 30 de maio de 1942 é un enxeñeiro e político portugués.
Traxectoria
Orixe familiar Fillo de Guilherme Braga da Cruz (Braga, 1916 - Porto, 1977), de ascendencia británica e italiana, sobriño neto por vía matrilineal do 1º Vizconde de Leite Perry, e a súa esposa Ofélia de Azevedo Garcia e irmán de Manuel António Garcia Braga da Cruz. É primo segundo de José Miguel de Alarcão Júdice.
Formación Enxeñeiro pola Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto (1965), onde foi Profesor Catedrático Convidado.
Actividade política Membro do Partido Socialista, ocupou o cargo de Ministro da Economia no XIV Goberno Constitucional de António Guterres. Foi candidato á Assembleia Municipal de Braga, nas que venceu o partido AD.
Entre outras funcións, Braga da Cruz foi presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional Norte (1986-1995 e 1996-2001) e presidente de Enenorva (1995-1996).
Outros cargos É presidente da delegación portuguesa do Operador do Mercado Enerxético Ibérico (OMIP) e vicepresidente do Consello de Administración da Fundación Serralves.
Condecoracións
Medalla de Prata da Galiza (1993) Comendador da Ordem do Infante D. Henrique de Portugal (22 de marzo de 1995) Medalla de Prata da Universidade do Minho (1999). Gran Cruz da Orde do Mérito de Chile (30 de setembro de 2001). Cabaleiro de Gran Cruz da Orde do Mérito de Italia (1 de abril de 2002). Comendador da Orde do Mérito de Polonia (18 de xullo de 2012). Doutoramento Honoris Causa pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (29 de maio de 2015).http://www.utad.pt/vPT/Area2/autad/honoris_causa/Paginas/doutoramentos_honoris_causa.aspx
Véxase tamén
Ligazóns externas
Biografía na páxina do Parlamento de Portugal
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Enxeñeiros de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Medalla de Prata de Galicia