Xosé Manuel Golpe Acuña, nado en Irixoa en 1972, é un consultor enerxético e político do BNG.
Traxectoria
Carreira profesional É un consultor enerxético que traballa na Fundación Enerxética da Deputación da Coruña. É experto en comunidades enerxéticas sobre as que ten orientado a varios concellos galegos como O Rosal. Forma parte da dirección de Nosa Enerxía, Sociedade Cooperativa.
Carreira política Foi concelleiro en Cabanas entre 2007 e 2011, e nas eleccións municipais de 2023, presentouse de número 5 na candidatura do BNG por Cabanas, onde reside. Nas eleccións para o Parlamento galego de 2024, presentouse como número 9 nas listas pola provincia da Coruña e saíu elixido.
Obras
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en Irixoa Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1972 Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Políticos do BNG Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Cabanas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG