Spektr RG, tamén coñecido como Spectrum-XG (SXG), é un observatorio espacial ruso lanzado o 13 de xullo de 2019 a bordo dun foguete Proton M desde o Cosmódromo de Baikonur.
Características Spektr RG é un observatorio espacial ruso con participación internacional para a observación en raios X. A súa misión é estudar o campo magnético interplanetario, as galaxias e os buratos negros. Leva cinco telescopios a bordo que abarcan enerxías desde o ultravioleta extremo aos raios X duros, e adicionalmente leva un monitor global do ceo. Spektr RG é unha versión relanzada dunha misión de igual nome e obxectivos cancelada en 2002.
O observatorio leva a bordo os seguintes instrumentos:
eROSITA (Extended Röntgen Survey with an Imaging Telescope Array): telescopios tipo Wolter proporcionados polo Instituto Max Planck para a Física Extraterrestre de Alemaña. ART-XC: telescopios codificados por máscara proporcionados polo IKI ruso.
O lanzamento do observatorio foise pospoñendo desde 2013 ata 2019. O 1 de marzo de 2022 Alemaña apagou o seu instrumento no observatorio como consecuencia da invasión rusa de Ucraína, aínda que podería reacenderse no futuro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Proton M
Categoría:Observatorios espaciais