Giuseppe Romagnoli, nado en Boloña o 14 de decembro de 1872 e finado en Roma o 7 de marzo de 1966, foi un escultor, medallista e deseñador e gravador de moedas italiano."Romagnòli, Giusèppe". Sapere.it
Traxectoria
Primeiros anos e formación Giuseppe Romagnoli naceu o 14 de decembro de 1872, fillo de Rita Mazzanti e de Alfonso Romagnoli, e foi inscrito no Rexistro Civil de Boloña cos nomes de Giuseppe Angelo Ferdinando.Franco, F. (2017).
Cursou o seu ensino secundario na escola artística Venturoli, de Boloña, entre 1885 e 1892, onde tivo como mestres o pintor Luigi Serra e o decorador Alfredo Tartarini. O ano seguinte acadou a bolsa cuadrienal para artistas Angiolini, o que lle permitiu formarse en escultura na Academia de Belas Artes de Boloña, con Enrico Barberi.Villani, R. M. (2013). Páxina 122.
Carreira como escultor miniatura|300x300px|esquerda|Mausoleo da familia Albertoni (1908), no cemiterio monumental da Cartuxa de Boloña. Logo da súa etapa formativa, na segunda metade da década de 1890 comezou unha intensa actividade creativa e foi asiduo participante en exposicións e certames convocados por diferentes entidades promotoras das belas artes, celebradas por toda Italia: Turín (1896-1898), Florencia (1896, 1898), Xénova (1897-1899), Venecia (1897,1899), Boloña (1898), Verona (1900), etc. Nalgunhas delas seguiu participando con asiduidade, como é o caso da Exposición Internacional de Arte de Venecia, na que expuxo en doce ocasións ata 1932.miniatura|Monumento ao numismático Bartolomeo Borghesi en San Marino (1904)."Bartolomeo Borghesi". Statues - Hither & Thither (vanderkrogt.net)."Varietà: A Bartolomeo Borghesi". En Bollettino di Numismatica e di Arte della Medaglia. Nº 3. Marzo de 1904. Circolo Numismatico Milanense. Páxina 36."Notizie varie: Bartolomeo Borghesi". En Bollettino di Numismatica e di Arte della Medaglia. Nº 11. Novembro de 1904. Circolo Numismatico Milanense. Páxina 136.En 1898 Romagnoli formou parte do grupo de fundadores da sociedade artística Aemilia ars, unha entidade promovida por un grupo de nobres en torno ao arquitecto e restaurador Alfonso Rubbiani e o conde Francesco Cavazza, co obxectivo de promover a actividade manufactureira nas artes decorativas, inspirándose na experiencia inglesa do movemento Arts and Crafts de William Morris. Nos inicios do século XX trasladouse a Roma e mantivo a súa participación en exposicións, como a primeira Exposición Internacional de Arte Decorativa Moderna de Turín (1902), a Exposición Internacional de Arte de Venecia (1903), a Exposición Nacional de Belas Artes de Milán (1906), ao tempo que realizaba, entre outros traballos, mausoleos e monumentos funerarios en cemiterios que se consideran entre os mellores exemplos da escultura da Art Nouveau italiana e do chamado estilo floral.
En 1908 recibiu unha das súas primeiras encargas romanas de prestixio, o baixorrelevo Gloria para o monumento a Vítor Manuel III, e o ano seguinte encomendóuselle o que se considera un dos seus traballos máis salientables, o gran conxunto monumental de travertino alegórico da liberdade Fedeltà allo Statuto ("Lealdade ao Estatuto") para a decoración da ponte de Vítor Manuel en Roma, cuxa creación rematou en 1911.Villani, R. M. (2013). Páxina 124. miniatura|300x300px|Monumento polo cincuentenario da Unión Telegráfica Internacional (1922), en Berna. Tamén en 1911, foi nomeado académico residente de mérito na clase de Escultura na Academia de San Lucas, de Roma. E no mesmo ano gañou o concurso convocado pola Unión Telegráfica Internacional para erguer un monumento en Berna co gallo do cincuentenario desa institución, que foi concluído e inaugurado en 1922, na Helvetiaplatz da cidade suíza. Este feito proporcionoulle un gran recoñecemento internacional como artista.Villani, R. M. (2013). Páxina 124-125.
En 1930 participou na segunda Exposición do Sindicato Fascista de Belas Artes do Lacio e foi tamén como delegado da Academia de San Lucas á inauguración da American Academy of Arts and Letters en Nova York, e en 1937 participou na Exposición da Unión de Belas Artes do Lacio.
En 1953 encomendóuselle a creación dunha estatua de la Inmaculada Concepción para a igrexa da Inmaculada Concepción de Raddusa, en Catania.
Desde o seu ingreso en 1911, Romagnoli estivo sempre moi vinculado á Academia de San Lucas, de Roma, entidade na que ocupou os cargos de secretario (1924-1925) e presidente en dous períodos (1953-1954 e 1959-1961). En 1955 foi, ademais, un dos galardoados coa Orde Ecuestre dos Príncipes da Academia.
Medallista e deseñador de moeda miniatura|270x270px|20 liras (1927). Conmemorativa do 10º aniversario da fin da I guerra mundial. Ademais da súa actividade como escultor, Romagnoli foi un prolífico gravador de moedas e medallas. En 1909 foi nomeado ademais profesor de Modelaxe e primeiro director da Escola de Arte da Medalla, na Zecca dello Stato, de Roma, cargo que desempeñou durante máis de catro décadas, ata 1952.Villani, R. M. (2013). Páxinas 121, 124. Particularmente a partir da primeira guerra mundial, a súa actividade na Ceca de Roma, no ámbito da medalla e a moeda motivou un notable decrecemento da súa produción de escultura monumental, ata o punto de que en 1920 presentou unicamente obra medallística na XII Exposición de Arte de Venecia.Villani, R. M. (2013). Páxina 132.
Son particularmente relevantes as medallas de Romagioli dedicadas á conmemoración dos anos da era fascista, producidas entre 1922 e 1941, que representan acontecmentos mesturados con citas mussolinianas e imaxes icónicas da propaganda oficial. Entre outras creacións medallísticas de Romagnoli cabe salientar as seguintes:Villani, R. M. (2013). Páxinas 126-140.Forrer, L. (1930). "Giuseppe Romagnoli ". En Numismatica-italiana. lamoneta.it
Vittorio Puntoni (1911). Guerra pola Integridade da Patria (1915). Giulio Monteverde (1917). VI centenario de Dante Alighieri (1921). Cesión de Fiume ao Reino de Italia (1923). Milicia Voluntaria (1923). Enrico Silvani (1927)."Romagnoli G. (1927), Medaglia di Enrico Silvani". Beweb. Beni storici e artistici (Beweb.chiesacattolica.it). Alegoría do traballo (1929). Matrimonio dos príncipes de Piemonte e Bélxica (1930). Bimilenario do nacemento de Virxilio (1930). Adolfo Venturi, historiador da arte (1931). Academia de San Lucas, de Roma (1934). Conquista de Etiopía (1937). Bimilenario de Augusto (1937). Atletas italianos (1949) Pier Renato Casorati (1966).
En 1919, Romagnoli recibiu da Zecca dello Stato a encarga da súa primeira moeda, unha peza de níquel de 50 centésimos a nome de Vítor Manuel III, o primeiro doutros deseños que completaron todos os valores faciais cuñados posteriormente a nome deste monarca. Logo da segunda guerra mundial e coa instauración da república, Romagnoli foi novamente o encargado de crear a imaxe monetaria do novo réxime, cargada da simboloxía romana habitual da retórica fascista. E superada a etapa fascista, tamén se encargou de crear algunhas das moedas da serie circulante da lira italiana que, desde os primeiros anos da década de 1950, se mantivo en produción e en circulación ata a substitución deste sistema polo do euro en 2002.Villani, R. M. (2013). Páxina 140."Giuseppe Romagnoli - Italy". Numista.com miniatura|126x126px|Somalia, 1 somalo (1950). Ademais das moedas italianas, Romagnoli ocupouse tamén do deseño e o gravado das series monetarias de Albania emitidas entre 1926 e 1941, durante as sucesivas etapas da república, a monarquía e o protectorado italiano, que tamén se emitían na Casa da Moeda de Roma."Giuseppe Romagnoli - Albania". Numista.com E Igualmente, en 1950 encargouse da serie de moedas do somalo como unidade monetaria, emitidas pola ceca romana para Somalia durante o período de administración fiduciaria italiana deste territorio africano."Giuseppe Romagnoli - Italian Somaliland". Numista.com
Vida persoal O 14 de decembro de 1912, o mesmo día en que facía os 40 anos, Romagnoli casou en Roma con Eva Roux.
Giuseppe Romagnoli faleceu en Roma o 7 de marzo de 1966, aos 93 anos de idade.
Escolma de moedas
Monarquía
República
Albania
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Forrer, L. (1930). "Romagnoli, Prof. Giuseppe". En Biographical dictionary of medallists. Supl. 5. Spink & Son., Londres. Páxina 170. Franco, F. (2017). "Romagnoli, Giuseppe". En Dizionario Biografico degli Italiani. Istituto dell'Enciclopedia Italiana. Volume 88. Villani, R. M. (2013). "Giuseppe Romagnoli, sculture e medaglie a confronto". En Bolletino di Numismatica. Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. Nº 60. Páxinas 121-144.
Ligazóns externas
"Romagnilo Giuseppe". Storia e memoria di Bologna
Categoría:Nados en 1872 Categoría:Nados en Boloña Categoría:Finados en 1966 Categoría:Escultores de Italia Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Medallas Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes