miniatura|350x350px|Mapa que mostra as principais rutas comerciais varegas: a ruta comercial do Volga (en vermello) e a ruta comercial dos varegos aos gregos (en violeta). Outras rutas comerciais dos séculos VIII-XI mostradas en laranxa. Na Idade Media, a ruta comercial do Volga conectaba o norte de Europa e o noroeste de Rusia co mar Caspio e o Imperio Sasánida, a través do río Volga. Os rus utilizaron esta ruta para comerciar cos países musulmáns nas costas sur do mar Caspio, ás veces penetrando ata Bagdad. Os poderosos búlgaros do Volga formaron unha confederación seminómade e comerciaron polo río Volga cos viquingos de Rus' e Escandinavia (suecos, daneses, noruegueses) e co sur do Imperio Bizantino. Ademais, a Bulgaria do Volga, coas súas dúas cidades Bulgar e Suvar ao leste do que hoxe é Moscova, comerciaba cos rusos e cos ugors, vendedores de peles. O xadrez foi introducido na Rus medieval a través das rutas comerciais do Caspio-Volga dende Persia e Arabia.

A ruta funcionaba ao mesmo tempo coa ruta comercial do Dniéper, máis coñecida como a ruta comercial dos varegos aos gregos, perdeu a súa importancia no século XI.

Notas

Categoría:Rutas comerciais Categoría:Historia de Rusia Categoría:Escravitude