The Ballad of Darren é o noveno álbum de estudio da banda inglesa de rock Blur, publicado o 21 de xullo de 2023 a través dos selos Parlophone e Warner Records. Os temas do disco foron escritos polo líder Damon Albarn en 2022 mentres estaba de xira con Gorillaz, e posteriormente compostos por Albarn e o resto da banda. Foi producido por James Ford no Studio 13 en Londres e Devon. É o primeiro álbum de Blur dende The Magic Whip (2015), e tamén é o seu álbum máis curto, cunha duración por debaixo dos 40 minutos. A portada é unha fotografía de 2004 dun home nadando só na Gourock Outdoor Pool en Gourock, Escocia, tomada por Martin Parr. O seu título refírese a Darren "Smoggy" Evans, o gardacostas da banda dende hai moito tempo.

The Ballad of Darren publicouse con recensións positivas. Converteuse no sétimo álbum consecutivo da banda en chegar ao número un no Reino Unido. Tamén foi número un nas listas de Bélxica, Irlanda, Escocia e Suíza, e foi o primeiro disco da banda en entrar no Top 10 da lista estadounidense Top Album Sales, chegando ao número 8. O álbum foi promovido polos sinxelos "The Narcissist", "St. Charles Square" e "Barbaric", así como por unha xira mundial.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Blur Categoría:Álbums musicais de 2023 Categoría:Álbums producidos por James Ford Categoría:Álbums de Parlophone Categoría:Álbums de Warner Records