Linguas de México1 Lingua Falantes Azteca (Nahuatlahtolli) 1 659 029Maia iucateca (Maaya t'aan)892.723Mixteco (Tu'un savi)510.801Zapoteco (Binizaa)505.992Tzotzil (Batzil k'op)356.349Tzeltal (K'op o winik atel)336.448 Otomí (Hñähñü)327.319Totonaco (Tachiwin)271.847Mazateca (Ha shuta enima)246.198 Chol (Ch'ol wiñik)189.599Huasteco (Téenek)173.233Chinanteco (Tsa jujmí)152.711Mazahua (Jñatio)151.897Purépecha (P'urhépecha)136.388Mixe (Ayüük)135.316Tlapaneco (Me'phaa)119.497Tarahumara (Rarámuri) 87.721Zoque (O'de püt)60.093Amuzgo (Tzañcue)48.843Chatino (Cha'cña)47.762Tojolabʼal (Tojolwinik otik)44.531Popoluca (Tuncápxe)44.237Chontal de Tabasco (Yokot t'an)43.850Huichol (Wixárika)36.856Mayo (Yoreme)34.770Tepehuano (O'dami)30.339Triqui (Tinujéi)24.491Cora (Nayeeri)19.512Popoloca 18.926Huave (Ikoods)16.135Cuicateco (Nduudu yu)15.078Yaqui (Yoeme)15.053Kanjobal (K'anjobal)10.833Tepehua (Hamasipini)10.625Pame (Xigüe)9.768Mame (Qyool)8.739Chontal de Oaxaca (Slijuala sihanuk)5.534Chuj 2.143Tacuate 2.067Chichimeca jonaz (Uza)1.987Guarijío (Makurawe) 1.905Matlatzinca (Botuná) 1.500Chocho (Runixa ngiigua) 1.078Pima (O'odham) 836Qʼeqchiʼ (K'ekchí) 835Lacandón (Hach t'an) 731Jacalteco (Abxubal) 584Ocuilteco (Tlahuica) 522Seri (Cmiique iitom) 518Ixcateco 406quiché (Q'iché) 286Kakchiquel (K'akchikel) 230Paipai (Akwa'ala) 221Cucapá (Es péi) 206Motocintleco (Qatok) 186Kumiai (Ti'pai) 185Pápago (Tohono o'odam) 153Kikapú (Kikapooa) 144Ixil 108Cochimí (Laymón, mti'pá) 96Kiliwa (Ko'lew) 55Aguacateco 27Outras linguas 2 3371 Non inclúe o español, falado por máis do 99% da poboación 2 Non inclúe o ópata, o solteco e o papabucoFonte: CDI (2000)

As linguas faladas en México son moitas, como as ducias de linguas indíxenas e linguas doutras partes do mundo. México é a nación castelanfalante máis poboada do mundo, con 103,2 millóns de habitantes Conteo INEGI 2005., dos cales a maioría fala a lingua española. Constitucionalmente, non existe unha declaración oficial que faga desa lingua de filiación latina a lingua oficial do país, que de facto ocupa este papel.

Desde 1992, a Constitución Mexicana define o país como nación "pluricultural", en recoñecemento dos pobos indíxenas. Oficialmente o goberno recoñece 65 linguas indíxenas, que de acordo coa Lei dos Dereitos Lingüísticos de 2001, son "linguas nacionais" en igualdade de condicións con respecto á castelán; isto é, coa "mesma validez no seus territorios" . Así, polo exemplo, a partir do ano 2005, o goberno oficializou a tradución do himno nacional ás linguas indíxenas.

A clasificación das linguas indíxenas faladas en México tende a agrupar dialectos da mesma familia, aínda mesmo no caso destas seren inintelixíbeis entre si: por exemplo, o goberno recoñoce a lingua azteca e o náhuatl como unha soa lingua, a pesar de que as variacións dialectais que falan os aztecas da Serra de Puebla, e os aztecas de Morelos son significativas. Por todo isto, algúns lingüistas tenden a elevar esta cifra a máis de 100, clasificando estes dialectos como linguas separadas.

As linguas indíxenas son faladas por pouco máis de 12,7 millóns de persoas maiores de 5 anos, o que equivale ao 13,1% da poboación nacional nese rango (1995)Linguas indíxenas de México , no sitio en internet da Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas, consultada o 10 de xaneiro de 2007.. A maior parte concéntrase na rexión sur do país, mais tamén existen comunidades importantes no centro e nalgúns sectores do Pacífico e do golfo de México.

Linguas indíxenas de México 200px 200px 200px Linguas con máis de 100 mil falantes Linguas entre 20 mil e 100 mil falantes Linguas con menos de 20 mil falantes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ávila, Raúl (1999): La lengua y los hablantes. Trillas. México. ISBN 968-24-4048-3. Aguirre Beltrán, Gonzalo (1983): Las lenguas vernáculas. Su uso y desuso en la enseñanza: la experiencia de México. Ediciones de la Casa Chata. México.

Cifuentes, Bárbara (1998): Letras sobre voces. Multilingüismo a través de la historia. Centro de Investigaciones y Estudios Superiores en Antropología Social - Instituto Nacional Indigenista. Historia de los Pueblos Indígenas de México. México. ISBN 968-496-338-6 Cuevas, Susana (2004): Ley de Derechos Lingüísticos en México. En https://web.archive.org/web/20120205055217/http://www.linguapax.org/congres04/pdf/4_cuevas.pdf. Consultado en agosto de 2006. Díaz Couder Cabral, Ernesto (2000): "La clasificación de las lenguas indígenas". En: Ciencias. Núm. 60-61. Outubro de 2000. pp. 133–140. Hamel, Enrique (2000): Políticas del lenguaje y educación indígena en México. Orientaciones culturales y estrategias pedagógicas en una época de globalización. En: https://web.archive.org/web/20070224133629/http://uam-antropologia.info/web/articulos/2000_hamel.pdf. Consultado en maio de 2006. Warman, Arturo (2003): Los indios mexicanos en el umbral del milenio. Fondo de Cultura Económica. México. ISBN 968-16-7007-8