A LU-710 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Baralla e O Cádavo (Baleira); atravesa os concellos de Baralla e Baleira. Ten unha lonxitude de 16,13 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-6 en Baralla e finaliza nun cruzamento coa LU-530 no Cádavo (Baleira).
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Lugo Categoría:Baralla Categoría:Baleira