María dos Anxos García Fonte, nada en Pontedeume en 1964, é unha activista cultural, docente e filóloga galega.

Traxectoria Veciña da Pena de Irís (Cabanas), estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Filoloxía na Universidade da Coruña coa tese A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX (2011), dirixida por Francisco Salinas Portugal. Foi profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Breamo en Pontedeume até a súa prexubilación en 2024. Traballou como guionista e dobradora, participou en colectivos como o Ateneo Eumés Fernán Martíns e foi a encargada da sección de Cultura e Sociedade no desaparecido Xornal de Galicia. Ten colaborado en Nós Diario, Follas novas: Revista de estudos rosalianos, Eduga: Revista galega do ensino, Abriu: Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, Andaina: Revista do Movemento Feminista Galego, A Trabe de ouro: Publicación galega de pensamento crítico, Grial: Revista galega de cultura, Viceversa: revista galega de traducción e lg3.

Política do BNG Foi a cabeza de lista do BNG en Cabanas nas eleccións municipais de 1995, e concelleira entre 1995 e 1999. Volveu ser candidata en 2019.

Obra Álbum ilustrado

A morte nas fragas (2025). Son Radiodifusión. 120 páxs. ISBN 978-84-09-73741. Texto de Anxos García Fonte, ilustracións e maquetación de Carlos Sardiña. Esta historia nas Fragas do Eume busca afondar nas repercusións culturais  e sociais misturando coa narración dos feitos históricos a tradición dos relatos mitolóxicos galegos. Obra colectiva Actas Congreso Castelao. Tomo II: (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986) (1989). Ed. liit. Justo G. Beramendi e Ramón Villares Paz. ISBN 84-7191-569-3. Páxs. 81-104: "Aspectos fonéticos e morfolóxicos na obra de Castelao".

Novas achegas ao estudo da cultura galega: enfoques literarios e socio-históricos (2009). Coord. por Olivia Rodríguez-González, Laura Mariño Sánchez. ISBN 978-84-9749-347-5. Páxs. 263-290: "Aproximación ao campo literario galego a través dos catálogos de Biblos, clube de lectores". Estudos galego-brasileiros 4: lingua, literatura, identidade (2010). Coord. por Maria do Amparo Tavares Maleval, Laura Tato Fontaíña. ISBN 978-84-9749-394-9. Páxs. 183-210: "Trasalba ou Violeta e o militar morto: a desconstrución do mito a través da complexa alquimia do patriarcado".

Cinema A rosa incandescente (2021). Foi a creadora da idea, guionista, produtora e mesmo actriz nesta curtametraxe sobre Rosalía de Castro. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cabanas

Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Guionistas de Galicia