A AC-524 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ordes e Lanzá (Mesía); atravesa os concellos de Ordes, Frades e Mesía. Ten unha lonxitude de 19,81 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Ordes e finaliza nun cruzamento coa N-634 en Lanzá (Mesía).

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Ordes Categoría:Frades Categoría:Mesía