Alexandre Peres Vigo, nado en Trasancos en 1982, é un filólogo, escritor e profesor galego.

Traxectoria Licenciouse en Humanidades e doutorouse en Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña. Foi profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e actualmente é profesor de Ensino Secundario. A súa principal liña de estudo é o estereotipo antigalego e a galaicofobia, así como as implicacións literarias, históricas e sociolingüísticas destes fenómenos. Forma parte do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega, UdC (ILLA).

Ten colaborado en revistas da súa especialidade como Revista Galega de Filoloxía ou Madrygal.

Obra

Do ódio à paródia: o estereótipo antigalego na literatura espanhola do século XVII (2023). Através Editora. ISBN 978-84-16545-86-5. Pedro Pardo de Cela: vida, morte e memoria dun nobre galego (2023). Sermos Galiza. ISBN 978-84-09-53335-0. Galaicofobia: o desprezo contra o pobo galego até os nosos días (2024). Vigo: Galaxia. ISBN 9788411761383.

Obra colectiva

Estudos actuais de lingüística galego-portuguesa (2019). Santiago: Laiovento. ISBN 978-84-8487-439-3. Personaxes da Galiza medieval II (2023). Deputación da Coruña. Os reis e as raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu (2023). Sermos Galiza. ISBN 978-84-09-45637-6.

Tese de doutoramento

O estereotipo antigalego na literatura española moderna: xénese, desenvolvemento e consolidación (2021). Universidade da Coruña, dirixida por Manuel Ferreiro.

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Narón Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña