Marcos Román Teira Fernández, nado na Pobra do Caramiñal en 1967, é un guitarrista galego.

Traxectoria Ten tocado con Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño, Leilía e Uxía. Gravou varios discos de música folk, rock, jazz e flamenco, sendo este último a súa mellor forma de expresión. Punta de Cabio é o seu primeiro traballo discográfico como solista. Foi membro do grupo compostelán Psicofónica de Conxo e comparte Marful co proxecto Narf.

En 2019 foi galardoado co Premio Martín Códax da Música na categoría Músicas do mundo, polo seu proxecto NÓs.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Galegos.info.

Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1967