Pablo Pascual é un clarinetista galego.
Traxectoria Os seus comezos foron nun inicio paralelos aos do seu irmán Pedro Pascual. Estivo no desaparecido proxecto Laio e ten tocado con Amistades Peligrosas, Mägo de Oz, Javier Bergia, Xosé Manuel Budiño e Xermán Díaz entre outros.
Colaborou coa Banda Sinfónica de Madrid, coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Filharmónica da F.G.B.M.. Gravou na banda sonora Paris Tombuctú de Luis García Berlanga, no disco El Caballero de la mancha de Mägo de Oz, Arredor de Budiño, Luneda de Laio e El sueter de Claudia de Xermán Díaz.
Pablo Pascual móvese entre o grupo Marful, a música clásica e o jazz, sendo membro da Orquestra de Jazz de Galicia.
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Clarinetistas de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes