Kansuke Naka (), nado o 22 de maio de 1885 e finado o 3 de maio de 1965, foi un novelista e ensaísta xaponés.

Traxectoria Naka naceu en Tokyo o 22 de maio de 1885. Viviu en Hiratsuka entre 1926 e 1932. Agás un breve período, durante a segunda guerra mundial, en que foi evacuado á prefectura de Shizuoka, Naka permaneceu a meirande parte da súa vida na capital nipoa. En 1942, casou con Kazuko Shimada.

Naka foi estudante de Natsume Sōseki (1867-1916) na Universidade de Tokyo, antes de que o escritor deixase a docencia para traballar no xornal Asahi shimbun. Foi este quen facilitou a publicación da primeira novela de Naka, Gin no saji 銀の匙 ("A culler de prata", 1911-1913), no devandito xornal. Trátase dunha descrición nostálxica da súa infancia e adolescencia, na que se recolle a vida no Tokyo de comezos do século XX. Nesta bildungsroman, mestúranse os feitos históricos da era Meiji (1852-1912) cos sentimentos de illamento do protagonista.

Tamén escribiu Inu 犬 ("Os cans", 1922) e a escolma poética Rōkan 琅玕 (1935).

Influencia A literatura de Naka foi prezada polo filósofo Tetsurō Watsuji (1889-1960), así como polo intelectual chinés Zhou Zuoren (1885-1967), quen gabou a súa infrecuente vontade de criticar aos nacionalistas nipóns.

Traducións En castelán Perros (2024). Tradución directa do xaponés de Iván Díaz Sancho. Satori Ediciones.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en 1885 Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa