Adalia bipunctata, unha maruxiña de dúas pintas, é un coleóptero carnívoro da familia Coccinellidae, que se atopa por toda a rexión holártica. É moi común en Europa occidental e central. Tamén é nativa de América do Norte, pero declinou fortemente en moitas zonas. Con frecuencia é un insecto introducido e importado para que funcione como axente de control biolóxico de pragas de insectos.

Taxonomía Esta maruxiña foi unha das moitas especies descrita orixinalmente por Carl Linné na súa obra de 1758 Systema Naturae (10ª edición); o seu nome orixinal era Coccinella bipunctata. O seu nome específico en latín bipunctata fai referencia ás dúas pintas que ten.

Descrición Adalia bipunctata é un pequeno coccinélido que pode aparecer nunha grande variedade de formas vermellas e negras. Algunhas formas son similares a Mulsantina picta, pero as dúas manchas brancas na cabeza de Adalia (en contraste cunha gran rexión branca ou máis de dúas manchas que pode ter a outra especie) serven para distinguilas doadamente. Ademais Adalia é totalmente negra na súa superficie ventral e con patas negras, o cal axuda a desbotar outras opcións.

Esta maruxiña de dúas pintas é moi variable en moitas partes da súa área de distribución nativa. A forma máis familiar, a forma typica con dúas manchas negras sobre fondo vermello, é común en todas partes. Unha forma melánica que é de fondo negro con catro ou seis manchas vermellas existe tamén pero é pouco común, aínda que non rara, mentres que a forma verdadeiramente melánica purpurea é extremadamente rara. En América do Norte a especie mostra a maior variación, con varias formas que non aparecen noutras partes do mundo, incluíndo unha forma sen manchas, outra con catro bandas, outra con de nove a doce manchas, e unha forma con "hachura" ou "plumeado cruzado". Ademais, hai formas intermedias, como a annulata, pero son raras.

Presas Aliméntase de áfidos e outros pequenos insectos. Porén, os soldados estériles dalgunhas colonias de áfidos, como os formadores de bugallos Pemphigus spyrothecae, poden intentar protexer a súa colonia loitando contra esta especie.

Ciclo vital

O ciclo vital desta maruxiña empeza cos ovos, que pon agrupados. A larva fai eclosión do ovo abrindo a mordedelas un burato nel. A larva ten un aspecto moi diferente do adulto; ten un corpo alongado, gris, brando e con seis patas pero sen ás. Son caníbales. Unha larva pasa por catro estadios larvais: a medida que come medra e en certo momento muda a súa pel vella e aparece cunha nova na cal pode crecer máis. O último estadio larval xa é de aproximadamente o tamaño dun adulto. Unha vez que comeu dabondo, a larva adhírese a un substrato e muda converténdose en pupa. Dentro da pupa desenvólvese o adulto. Finalmente o adulto emerxe da pupa.

Anomalías da proporción de sexos

Simbiose Nalgunhas poboacións a maioría destas maruxiñas son femias, as cales chegan ao 80-90 %. A causa desta anomalía é a presenza de bacterias simbióticas que viven dentro das células gaméticas das femias. A bacteria é demasiado grande para vivir nos gametos masculinos, así que a bacteria só se pode transmitir á seguinte xeración a través dos gametos femininos. Cando chega a un macho, mátao, e a bacteria morre cando morre o macho e non se transmite. Por tanto, mata á maioría dos embrións machos nos ovos que as femias poñen. Estes embrións mortos serven despois de alimento para as súas irmáns cando estas saen dos ovos. Esta característica está asociada con certas bacterias (Wolbachia, Rickettsia, e Spiroplasma) que están presentes entre o 0 e o 20 % das femias, dependendo da localidade.

Parasitismo

A maruxiña de dúas pintas tamén porta o axente dunha infección transmitida sexualmente en Europa central e oriental. A infección é un ácaro ectoparasito da especie Coccipolipus hippodamiae, que se transmite entre os dous sexos durante a copulación.Hurst, G. D. D.; Sharpe, R. G.; Broomfield, A. H.; Walker, L. E.; Majerus, T. M. O.; Zakharov, I. A. & Majerus, M. E. N. (1995). "Sexually transmitted disease in a promiscuous insect, Adalia bipunctata". Ecological Entomology. 20: 230-236. A infección esteriliza a femia, e nalgúns momentos do ano ata o 90 % dos adultos están infectados.Webberley, K. M.; Buszko, J.; Isham, V. & Hurst, G. D. D. (2006). "Sexually transmitted disease epidemics in a natural insect population". Journal of Animal Ecology. 75 (1): 33-43:

Axente de control biolóxico de pragas A. bipunctata utilízase como un axente de control biolóxico localizado contra as pragas de áfidos en, por exemplo en invernadoiros.. Foi introducida en Australia para que fixese este labor de axente de control de pragas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Cucujiformia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné