Soleils Atikamekw é un filme canadense de 2023 escrito, producido e dirixido por Chloé Leriche. O filme céntrase na historia real de cinco mozos do pobo atikamekw de Manawan que foron atopados mortos nun camión preto dun río en 1977. A investigación policial segue sen ser concluínte ata hoxe sobre as súas mortes foron un simple accidente ou un ataque por motivos raciais."À la recherche de talents autochtones pour un film". Ici Radio-Canada Première, 19 de novembro de 2020. O elenco está composto por Jacques Newashish, Mirotansa Chilton, Wikwasa Newashish-Petiquay, Carl-David Ottawa e Oshim Ottawa.
Produción Recibiu financiamento de produción da Société de développement des entreprises culturelles do Quebec en 2019,André Duchesne, "De nouveaux films pour Monia Chokri, Anaïs Barbeau-Lavalette et Émile Gaudreault". La Presse, 16 de decembr de 2019. e de Telefilm Canada en 2020.Lauren Malyk, "Telefilm awards nearly $8M across six French-language features". Playback, 1 de xuño de 2020. A súa rodaxe estaba prevista no verán de 2020 mais viuse interrompida pola pandemia de COVID-19.
Rodouse principalmente en colaboración coa comunidade de Manawan, aínda que tamén se realizaron audicións nalgunhas outras cidades do Quebec para permitir que actores das Primeiras Nacións de fóra da comunidade probasen varios papeis.
Estrea Estreouse no Festival du nouveau cinéma de 2023.Charles-Henri Ramond, "FNC 2023: la sélection québécoise". Films du Québec, 20 de setembro de 2023.
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua atikamekw Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes ambientados no Quebec Categoría:Filmes rodados no Quebec Categoría:Filmes das Primeiras Nacións Categoría:Pobo atikamekw