A lingua kwakʼwala (/kwɑːˈkwɑːlə/),Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student's Handbook, Edinburgh ou kwak̓wala, anteriormente coñecida como kwakiutl (/ˈkwɑːkjʊtəl/), é unha lingua wakash falada polo pobo kwakwakaʼwakw. É falada por unhas 450 persoas ao longo do estreito da Raíña Carlota, no oeste do Canadá. A lingua ten unha influencia considerable doutras linguas do noroeste do Pacífico, especialmente coa familia salish, coa cal non está emparentada. Aínda que o kwakʼwala está gravemente en perigo de extinción, estanse a facer esforzos de revitalización para preservar a lingua. Segundo o censo de 2016 tiña 450 falantes. O kwakʼwala está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Aínda que o kwakʼwala non tivo rexistros escritos ata o contacto europeo, as evidencias arqueolóxicas e lingüísticas botaron luz sobre a súa prehistoria. As pólas norte e sur da familia wakash separáronse hai aproximadamente 2.900 anos.Fortescue, Michael. Drift and the Grammaticalization Divide between Northern and Southern Wakashan. International Journal of American Linguistics , Vol. 72, No. 3 (xullo de 2006), pp. 295-324.

miniatura|dereita|250px|The House of the Ghosts, de Marianne Nicolson, 2008. Texto en kwakʼwala e inglés na Galería de Arte de Vancouver.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas wakash