Liu Na'ou (en ), nado como Liu Tsan-po (劉燦波) o 22 de setembro de 1905 e finado o 3 de setembro de 1940, foi un escritor e cineasta, activo en Shanghai durante o período da segunda guerra sino-xaponesa. miniatura|278x278px|Liu Na'ou.

Traxectoria Naceu no seo dunha importante familia de Tainan (Taiwán), estudou en Taiwán e Tokyo (Xapón) e, en 1926, matriculouse na Universidade Católica Aurora (Zhèndàn Dàxué) de Shanghai. Ao final da súa vida, baixo o goberno de Wang Jingwei, que colaborou coa ocupación xaponesa, dirixiu o xornal Guomin Xinwen (Novas nacionais). En setembro de 1940, aos trinta e cinco anos de idade, foi asasinado en Shanghai polo Kuomintang, acusado de colaboracionismo e traizón.

Obra literaria As súas obras abarcan diferentes xéneros, incluíndo novelas, ensaios, críticas e traducións. O seu estilo literario encaixa no modernismo. O seu traballo máis representativo, a colección de relatos curtos Escenas urbanas, toma prestadas técnicas do movemento xaponés Shinkankakuha (Neosensacionismo ou Escola sensual), e describe as vidas caóticas e paixonais de homes e mulleres urbanos. Liu foi o máis destacado membro do movemento en Shanghai, xunto con Shi Zhecun e Mu Shiying.

Existe tradución inglesa dos seus relatos completos, publicada en 2023,Liu, Na'ou (2023). Urban Scenes. Cambria Press. ISBN 9781638571872 e ao francés de «De l'inconvénient d'avoir tout son temps»Publicado en Le Fox-trot de Shanghai et autres nouvelles chinoises, trad. Isabelle Rabut e Angel Pino. e de Scènes de vie à Shanghai.Tradución de Marie Laureillard, Serge Safran éditions, 2023. O conto Dos enfermos insensibles al tiempo traduciuse ao español.

Liu traduciu ao chinés relatos xaponeses baixo o título Cultura erótica, e tamén traduciu Sotsiologiya iskusstva (A socioloxía da arte) de Vladimir Friche.

O seu diario de 1927, no que expresa sentimentos ambivalentes cara a Shanghai, consérvase no Museo Nacional Taiwanés de Literatura. É un documento histórico importante para a comprensión do desenvolvemento do movemento neosensacionista en Shanghai.

Obra cinematográfica Os filmes producidos por Liu eran principalmente eróticos, e moitos considéranse perdidos. Estas películas "brandas", tendo ademais en conta o colaboracionismo de Liu coa ocupación xaponesa, considerábanse reaccionarias na China comunista.

Consérvanse fragmentos das súas películas diarísticas, domésticas e persoais englobados baixo o título O home coa cámara, no que rende homenaxe a Dziga Vertov e ao seu Kinoglaz (cine-ollo). Neste filme o cineasta filma rostros, escenas familiares, cerimonias, viaxes e paisaxes, tanto da China como do Xapón. A película está dividida en cinco episodios, titulados "Xente", "Procesión", "Paisaxes", "Gaungdong" e "Tokyo", filmados en catro cidades: Tainan, Cantón, Shenyang, e Tokyo.

En 2019 o músico taiwanés Lim Giong sonorizou a película.

Relatos

Sharen weisui (殺人未遂), (en galego, Intento de asasinato), Youxi (遊戲), (en galego, Xogos), Fengjing (風景), (en galego, Paisaxe). Liu (流), (en galego, Restos). Reqing zhi gu (熱情之骨), (en galego, Un home apaixonado). Liang ge shijian bu gan zhengzhe (兩個時間的不感症者), (en galego, Dous enfermos insensíbeis ao tempo). Liyi he weisheng (禮儀和衛生) (en galego, Hixiene e etiqueta). Canliu (殘留), (en galego, Restos). Fangchengshi (方程式), (en galego, Ecuación).

Películas

Chi sheyingji de nanren (持攝影機的男人) (1933). En galego, O home coa cámara.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Man Who Has a Camera (1933), con música de Lim Giong.

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Novelistas da China Categoría:Escritores en lingua chinesa