A lingua yavitero ou paraene é unha lingua morta que pertence á familia das linguas arauacas que foi falada outrora en Venezuela, na rexión do río Orinoco.Ramirez, Henri, & França, Maria Cristina Victorino de. (2019). Línguas Arawak da Bolívia. LIAMES: Línguas Indígenas Americanas, 19, e019012. https://doi.org/10.20396/liames.v19i0.8655045 O derradeiro falante coñecido morreu en 1984.Yavitero a proel.orgBoletín Americanista, p. 155 Universidade de Barcelona. Cátedra de Historia de América
Clasificación O parentesco co resto de linguas arauacas coñécese dende que Alexander von Humboldt reuniu unha lista de palabras e as comparou coa lingua maipure. Yavitero/Paraene Maipure Galego camosi kié (kiepurig) 'sol' keri kejapi (cagijapi) 'lúa' ouipo urrupu 'estrela' oueni (ut) oueni 'auga' casi catti 'lume' nosivi nokirri 'nariz' Humboldt escribiu que o misioneiro e lingüista Gilii consideraba o yavitero un dialecto das linguas maipure. O científico alemán pregúntase se non foi máis ben unha mestura de dúas linguas.von Humboldt, Alexander (1999): Reise in die Äquinoktial-Gegenden des Neuen Kontinents Insel Verlag. Bd2. páxs. 968-969
Humboldt sinala que unha das rochas de Maipures é coñecida como Keri e os nativos da zona cren ver nela a imaxe dunha lúa chea. Os indíxenas sinalan no medio das fervenzas de Maipures outra rocha que chaman Casomi, ou sol.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía
Mary Ritchie Key. 2015. Yavitero dictionary. In: Key, Mary Ritchie & Comrie, Bernard (eds.) The Intercontinental Dictionary Series. Leipzig: Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology. http://ids.clld.org/contributions/268
Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Linguas mortas de América do Sur