Naomi Oreskes, nada en Nova York o 25 de novembro de 1958, é unha historiadora da ciencia de nacionalidade estadounidense.
Traxectoria Converteuse en profesora de Historia da Ciencia e profesora asociada de Ciencias da Terra e Planetarias da Universidade Harvard en 2013, tras 15 anos como profesora de Historia e Estudos da Ciencia na Universidade de California en San Diego. Traballou en estudos de xeofísica, asuntos ambientais como o quecemento global, e en historia da ciencia. En 2010, Oreskes publicou en colaboración Merchants of doubt, onde identifica paralelismos entre o debate sobre o cambio climático e outras controversias públicas anteriores.
Beyond the Ivory Tower Oreskes escribiu un ensaio titulado "Beyond the Ivory Tower: The Scientific Consensus on Climate Change" na edición do 3 de decembro de 2004 da revista Science. Nel realiza unha análise "dos 928 resumos de traballos publicados en revistas científicas, con revisión por pares, entre 1993 e 2003, atopados na base de datos ISI coa clave 'cambio climático'". O obxectivo da análise foi probar a hipótese de que na redacción dos seus informes, organizacións como o Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático, a Asociación Americana para o Avance da Ciencia, editora de Science, e a Academia Nacional de Ciencias desprezaron ou infravaloraron. opinións científicas disidentes lexítimas sobre o cambio climático antropoxénico. O resultado foi que o 75% dos traballos de investigación apoiaban explícita ou implicitamente o consenso científico, de que o quecemento é real e se debe sobre todo á acción humana, e que ninguén discrepa del. O ensaio atraeu a atención do público en todo o mundo, e foi moi citado, por exemplo por Al Gore na película An Inconvenient Truth .
Merchants of Doubt
Merchants of Doubt é un libro publicado en 2010 por Naomi Oreskes e o historiador da NASA Erik M. Conway. Oreskes e Conway, ambos historiadores da ciencia, sinalaron paralelismos notables entre o debate sobre o cambio climático e as controversias máis antigas, como os efectos nocivos para a saúde do tabaco, a choiva ácida ou o buraco de ozono. Argumentan que a estratexia elixida polos que se opoñen a tomar medidas é sempre espallar dúbidas e confusión sobre o que di a ciencia respecto diso. Observaron que Fred Seitz, Fred Singer e algúns outros científicos acreditados uniron en todos os casos forzas con laboratorios de ideas económicos e conservadores, e grandes empresas privadas, na tarefa de desacreditar o consenso científico sobre estas e outras cuestións de interese público.Mercaderes de Duda, Bloomsbury Prensa, p. 6.
Notas
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Profesores da Universidade de Nova York Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Imperial College London