Tierra Gallega foi unha revista editada en Ourense en 1929.

Historia e características Subtitulada Revista gráfica de la ciudad y el campo gallego, apareceu o 1 de setembro de 1929. Ricardo Cid Martínez foi o fundador e director. Incluíu textos de Valentín Lamas Carvajal, Xavier Prado Rodríguez, Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Rafael Lasso de la Vega, F. Salgado y López-Quiroga, M. R. Blanco Belmonte e José María Mateos. O último número coñecido é o 9, aparecido na segunda quincena de decembro de 1929.

Véxase tamén Bibliografía Salgado, Rafael (31/10/2015). "La revista Tierra Gallega" La Región . Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1929 en Galicia