Ian Hamilton Finlay, nado en Nasáu, Bahamas, o 28 de outubro de 1925 e finado en Edimburgo, Escocia, o 27 de marzo de 2006, foi un poeta, xardineiro e escultor escocés.

Traxectoria esquerda|miniatura|"A orde de hoxe é a desorde de mañá", no Parque do Carmelo en Sant Just Desvern.

Primeiros anos Finlay naceu nas Bahamas, fillo de pais escoceses. Foi educado na Dollar Academy en Dollar, Escocia. Aos 13 anos, debido ao comezo da Segunda guerra mundial, foi evacuado ás illas Orcadas. En 1942, uniuse ao Exército Británico.

Ao final da guerra, Finlay traballou como pastor de ovellas, antes de empezar a escribir contos e poemas.

Obra escrita Finlay publicou varios libros, incluíndo The Sea Bed and Other Stories (1958) e The Dancers Inherit the Party (1960). Ademais, escribiu varias obras teatrais curtas, algunhas das cales foron transmitidas pola BBC.

En 1963, Finlay publicou Rapel, a súa primeira colección de caligramas. Esta obra foi publicada case na súa totalidade pola súa propia editorial, Wild Hawthorn Press. Escultura e xardinaría Así mesmo, Finlay empezou a inscribir os seus poemas en pedras e colocábaas no ambiente. Este tipo de ambientes foron usados extensivamente no seu xardín Little Sparta en Pentland Hills, preto de Edimburgo, onde vivía. Este xardín, cunha área de cinco acres, tamén inclúe esculturas convencionais e pequenos templos. Nunha enquisa realizada polo xornal Scotland on Sunday en 2004, cincuenta artistas profesionais elixiron a Little Sparta como o traballo artístico máis importante de Escocia, vencendo á Glasgow School of Art e a pintura The Skating Minister. O historiador británico sir Roy Strong dixo que Little Sparta é "o único xardín realmente orixinal feito no país desde 1945."

Finlay usou varios temas recorrentes nas súas obras, incluíndo referencias os escritores clásicos (especialmente Virxilio), á pesca e ao mar, así como un interese especial na Revolución francesa e a Segunda guerra mundial.

Obra en Galiza dereita|miniatura|Petrarca XXXV, no Parque da Illa das Esculturas de Pontevedra.|269x269pxIan Hamilton Finlay, estaba afectado por agorafobia crónica, foi o único dos doce artistas internacionais que non viaxou a Pontevedra en 1999 para instalar a súa obra na Illa das Esculturas. A súa peza, "Petrarca", consiste en tres medallóns de lousa verde de Lugo gravados co nome de Francesco Petrarca e números romanos de sonetos do poeta italiano, simbolizando amor e soidade. Aínda que nunca visitou a súa obra, supervisou a instalación desde o seu estudio en Escocia.

Premios e honras Finlay recibiu numerosos recoñecementos polo seu traballo. En 1985, estivo nomeado ao Premio Turner. Así mesmo, recibiu doutoramentos honorarios da Universidade de Aberdeen (1987), a Heriot-Watt University (1993) e a Universidade de Glasgow e foi profesor honorario da Universidade de Dundee en 1999. En 2002, recibiu a Scottish Horticultural Medal da Royal Caledonian Horticultural Society e, en 2003, foi galardoado co Creative Scotland Award da Scottish Arts Council. En 2002, Finlay foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico. Pasamento Morreu en Edimburgo en 2006, aos 80 anos. Nos seus últimos anos, un derramo cerebral mellorou a súa fobia, permitindo que viaxase ocasionalmente, pero nunca chegou a visitar Pontevedra. Finlay estivo casado en dúas ocasións e foi sobrevivido por un fillo e unha filla.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web de Little Sparta Trust (en inglés) Entrevista de Ian Hamilton Finlay coa revista Jacket (en inglés)

Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores de Escocia Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Nados nas Bahamas Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en 1925 Categoría:Xardinaxe