Clanes é unha serie de televisión por internet española de thriller e drama romántico creada e escrita por Jorge Guerricaetxevarría e dirixida por Roger Gual para Netflix. Está producida por Vaca Films e protagonizada por Clara Lago e Tamar Novas. Estreouse o 21 de xuño de 2024 a primeira tempada e o 3 de abril de 2026 a segunda.

Primeira tempada

Trama Ana (Clara Lago) é unha avogada que, logo da morte do seu pai, se establece na vila de Cambados. Alí establece contacto con Daniel (Tamar Novas), fillo dun importante narcotraficante e cabeza visible do «clan dos Padín», mentres o seu pai permanece en prisión. Ana, con ampla experiencia nun dos mellores bufetes de Madrid, decidiu empezar de cero en Cambados coa intención de saldar contas co seu pasado.

Escenarios A serie foi rodada na súa maioría na Ría de Arousa: Cambados, Vilagarcía, Illa de Arousa... Tamén en Pontevedra e algún momento en Madrid, Porto...

Elenco

Episodios N.º(serie) Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea

Produción O 23 de maio de 2023 Netflix anunciou que comezara a rodaxe dunha nova serie sobre narcotráfico, titulada Clanes, creada e escrita por Jorge Guerricaechevarría, dirixida por Roger Gual, protagonizada por Clara Lago e Tamar Novas e producida por Vaca Films. A rodaxe da serie tivo lugar en diversas localizacións de Galicia, Málaga, Xibraltar, Alxeciras, Madrid, Porto e Senegal.

Lanzamento e mercadotecnia O 6 de maio de 2024 Netflix lanzou o teaser de Clanes e programou a súa estrea para o 21 de xuño de 2024. O 4 de xuño de 2024, Netflix lanzou o tráiler da serie.

Esta serie española foi a serie en lingua non inglesa máis vista na plataforma durante a súa semana de estrea, acadando o número 1 en 28 países e o Top 10 en 82 países.

Segunda tempada A segunda tempada, de seis capítulos, estreouse o 3 de abril de 2026. A segunda tanda tamén debutou con forza, posicionándose xa como o Top 1 máis visto en España.

Trama Tres anos despois, Ana e Daniel intentan reconstruír as súas vidas, pero o narcotráfico volve a unilos, colocándoos en bandos opostos. Daniel acepta embarcarse nunha última viaxe para axudar ao seu pai, mentres que Ana regresa a Cambados para traballar co clan rival dos Padín. Con decisións que ameazan con destruílo todo, ambos arriscan o futuro do clan e a súa propia relación.

Elenco Os episodios foron escritos por Jorge Guerricaechevarría e dirixidos por Marc Vigil e Javier Rodríguez.

No elenco únse Luis Zahera a Clara Lago e Tamar Novas. Completan o reparto Xosé Antonio Touriñán, Melania Cruz, Miguel de Lira, María Pujalte, Chechu Salgado e Diego Anido.

Ana – Clara Lago Daniel – Tamar Novas Luis Zahera Xosé Antonio Touriñán Chechu Salgado Melania Cruz Miguel de Lira Diego Anido María Pujalte

Episodios

Despois de catro anos no cárcere, Daniel regresa a Cambados, onde novos rivais ameazan o imperio do seu pai. Ana ten a oportunidade de recuperar a súa vida. Ana regresa a Galicia dende o estranxeiro nunha misión. Daniel reconcíliase co seu afillado. A familia Padín atópase nunha situación desesperada durante o parto que agardaban con impaciencia. Berta debe enfrontarse a un segredo do seu pasado. As sospeitas de Padín medran e Nilo intenta descubrir o delator. Daniel corre un gran risco cando coñece á súa filla. Toño está gañando terreo no clan rival. A policía realiza un arresto. Desesperada, Ana pídelle axuda a Daniel antes de recibir unha chamada do hospital. Aumentan as tensións na loita de poder entre Paco e Padín. Laura intenta axudar a Ana nunha misión perigosa, mentres Toño lidera o clan... coa policía pisándolle os talóns. Marco toma o testemuño e as tensións entre os clans chegan a un punto crítico. Ana considera contalo todo, pero o seu futuro con Daniel depende dunha decisión imposible.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024