Apur sansar (en ) é un filme indio de 1959 rodado en lingua bengalí que foi producido, escrito e dirixido por Satyajit Ray. Baséase na segunda metade da novela de Bibhutibhushan Bandopadhyay Aparajito. É a continuación de Pather Panchali (1955) e Aparajito (1956), sendo a derradeira parte da triloxía de Ray, e conta a historia da infancia e primeira idade adulta dun mozo bengalí chamado Apu a comezos do século XX na India. Está protagonizado por Soumitra Chatterjee (como Apu) e Sharmila Tagore (como Aparna, a esposa de Apu); o dúo aparecería en moitas películas de Ray posteriores.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 32ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Personaxes Soumitra Chatterjee como Apu (Apurba Kumar Roy) Sharmila Tagore como Aparna, esposa de Apu Swapan Mukherjee como Pulu Alok Chakravarty como Kajal Sefalika Devi como esposa de Sasinarayan Dhiresh Majumdar como Sasinarayan Dhiren Ghosh como o terratenente
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 32ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua bengalí Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Satyajit Ray